Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reúnese con Adriana Lastra tras o debate da AP-9: “mentres outros queren colgarse medallas, os socialistas damos solucións aos problemas dos galegos”

O secretario xeral aborda coa voceira socialista no Congreso a axenda de prioridades de Galicia tralo primeiro paso para conseguir o traspaso da AP-9

Gonzalo Caballero sinala que cómpre aplicar as bonificacións nas peaxes “o antes posible”, á vez que se aborden as cuestións relativas ao traspaso da autoestrada

Madrid, 3 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe, o día despois de que se aprobara analizar a transferencia da AP-9 a Galicia, unha xuntanza de traballo coa voceira do PSOE no Congreso e vicesecretaria xeral do partido, Adriana Lastra.

Neste encontro, Gonzalo Caballero puxo sobre a mesa a axenda de cuestións relevantes para Galicia, salientando o relativo á prioridade social e económica na loita contra a covid, así como asuntos do eido industrial e en materia de infraestruturas.

“Mentres outros só pensan en colgarse medallas, os e as socialistas estamos dando solucións aos problemas de Galicia”, resaltou o líder do PSdeG ao termo da xuntanza.

No que atinxe á AP-9, Gonzalo Caballero sinalou que cómpre aplicar as bonificacións nas peaxes “o antes posible”, á vez que se aborden as cuestións relativas ao traspaso da autoestrada a Galicia no Congreso dos Deputados.

Tamén no eido das infraestruturas, Caballero e Lastra abordaron a marcha das obras para a chegada do AVE a Galicia, que concluirán este mesmo ano.

Así mesmo, Caballero trasladou os problemas industriais que existen en Galicia e sinalou que “fronte á ausencia de política industrial da Xunta é necesario o compromiso do goberno de España”.

“POLÍTICAS PARA AS PERSOAS”

Xunto coa número dous do PSOE, Gonzalo Caballero destacou a importancia de poñer en marcha “políticas para as persoas”, de xeito que “non quede ninguén atrás” a causa da crise derivada da pandemia.

Así pois, ambos dirixentes socialistas coincidiron na importancia de deseñar políticas para que, ao tempo que se combate a curva dos contaxios, se free tamén “a curva da desigualdade social”.

Ademais, apostaron polo fortalecemento do estado do benestar e por políticas económicas que perfilen unha saída da crise distinta á que impulsaron os gobernos da dereita logo da anterior recesión.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18