Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reta a Feijóo a amosar que entendeu “o que votamos os galegos” e a aclarar se está máis preto “de Valls ou de Abascal”

O secretario xeral inaugurará o sábado unha xornada de formación na que participarán Cristina Narbona, Abel Caballero, Pepe Bugallo e os presidentes Touriño e Laxe

Santiago, 4 de xullo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe a Feijóo que aclare se os deputados do PPdeG serán “unha comparsa” da ultradereita na sesión de investidura de Pedro Sánchez como presidente do goberno. “Ten que amosar que entendeu que a maioría dos galegos votamos ao Partido Socialista”, incidiu.

Así pois, despois de que Feijóo saudase que haxa xa unha data para celebrar o debate de investidura, Gonzalo Caballero recordou que fronte á opción que encabeza Pedro Sánchez “non hai ningunha outra”. “Polo tanto, a votación do presidente do goberno é a oportunidade para que o país siga avanzando”, sinalou o líder do PSdeG.

Neste escenario, o secretario xeral dos socialistas galegos fixo fincapé en que Feijóo terá que amosar se está “con Valls ou con Casado e Abascal”. “Ten que dicir se está na liña da dereita moderada e centrada ou se está botado aos brazos da ultradereita”, recalcou, en alusión aos dirixentes populares que din que “a súa función é dificultar a investidura de Pedro Sánchez”.

En paralelo, Gonzalo Caballero censurou que Feijóo siga coa “estratexia da avestruz” no que atinxe á Valedora do Pobo, sobre cuxa titular pesa unha sentenza ratificada polo Tribunal Supremo sobre a contratación irregular da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG.

“Feijóo é cómplice”, asegurou o dirixente socialista, ao non proceder ao relevo nunha institución que debe ser “o maior símbolo de exemplaridade”. “Se ten un mínimo de coherencia, ten que garantir a limpeza no Valedor do Pobo e permitir que se rexeneren as institucións sobre as que existen sentenzas que cheiran a corrupción”, concluíu Gonzalo Caballero.

FEIJÓO CARECE DE ESTRATEXIA INDUSTRIAL

Á marxe, o máximo dirixente do PSdeG puxo o foco en que “Galicia segue carecendo de estratexia industrial”, como amosan os datos que reflicten a “ralentización” da economía galega, especialmente nos eidos téxtil e da automoción.

“O crecemento económico de Galicia sitúase a niveis de 2014”, evidenciou Gonzalo Caballero, consciente de que a grande cantidade de fondos públicos que “se gastan en promocionar grandes estratexias” non está tendo efecto, posto que “non hai contido” nin se aportan “solucións” para os problemas existentes.

“Feijóo foi un desastre para a industria de Galicia”, recalcou o líder socialista, ao tempo que reprobou que “a contribución da Xunta” para solventar a crise de Alcoa fose “poñer atrancos”. “O goberno estivo ao carón dos traballadores mentres Feijóo dicía que non habería investidores e que non había ningunha solución polo custe da enerxía”, recordou das declaracións do presidente da Xunta en precampaña.

“Xogou a incendiar”, recriminou a Feijóo, non sen incidir en que a ministra de Industria estivo nas negociacións e reclamando “responsabilidade” á multinacional para chegar á “mellor solución” para os traballadores. “E a Xunta, ausente”, concluíu.

ESCOLA DE VERÁN

Ademais, Gonzalo Caballero aproveitou a súa comparecencia ante os medios para anunciar que o vindeiro sábado inaugurará unha xornada de formación acompañado pola presidenta do PSOE, Cristina Narbona; o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, e os expresidentes da Xunta Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe.

Na apertura desta escola de verán, que se desenvolverá baixo o lema ‘Gobernos para o progreso’, estará tamén Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, como anfitrión dunha xornada que se desenvolverá na Casa das Asociacións -na antiga estación de Cornes- ao longo de todo o día.

Trala inauguración, a primeira mesa de traballo reunirá ao catedrático de Economía Aplicada Antón Costas, para abordar ‘Un novo contrato social’; e ao expresidente Emilio Pérez Touriño, quen se centrará na ‘Socialdemocracia e Europa’. A continuación, Cristina Narbona falará do ‘Cambio climático: un desafío ético’; mentres o primeiro presidente socialista da Xunta disertará sobre ‘Sostibilidade e recursos’.

Xa en horario de tarde, unha terceira mesa sobre ‘Cultura e Sociedade’ reunirá á actriz Berta Ojea; ao presidente dos Premios da Crítica, Bieito Ledo; a Francisco Cerviño, quen foi voceiro de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista; e á concelleira de Cultura de Santiago, Mercedes Rosón.

‘O futuro do socialismo’ debaterase a continuación da man do vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena; de Noa Díaz, membro da dirección do PSdeG e concelleira en Santiago; da xornalista e escritora María Xosé Porteiro e do responsable de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza. Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente  do PSdeG e voceiro na Cámara, e Laura López Atrio, secretaria de Formación do PSdeG, pecharán o acto.

“Temos que comprender a realidade social, política e económica dun mundo en cambio para situarnos na vangarda e poñer en marcha políticas públicas que atendan os retos fundamentais que temos por diante”, sinalou Gonzalo Caballero, partidario do diálogo coa sociedade civil para “enriquecer o noso proxecto de goberno”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02