Categorías: Actualidade

A Xunta emprega o glifosato como pesticida nas estradas galegas

A portavoz socialista de medio ambiente, Patricia Vilán, instou á Xunta a deixar de empregar o glifosato como pesticida nas estradas galegas. Así o dixo na Comisión de Medio Ambiente celebrada hoxe no Parlamento, na que acusou á Xunta de empregar o este plaguicida canceríxeno, que será prohibido en 2022, nas estradas de titularidade autonómica do Baixo Miño.

Vilán advertiu da perigosidade que supón o glifosato para o medio humano e acuático xa que, segundo a OMS, “hai probas convincentes de que o glifosato pode causar cancro en animais e hai probas limitadas de carcinoxenecidade en humanos”. Dende a Sociedade Galega de Historia Natural, sinalou, vense manifestando a preocupación polas fumigacións indiscriminadas “que poden rematar contaminando os pozos e por tanto afectando á saúde humana”.

Acusou ao PP “de votar en contra de todas as propostas da oposición para acabar coa utilización do glifosato”. Sinalou que “aínda que dende a Xunta vense dicindo ultimamente que o glifosato é canceríxeno e que priorizan o emprego de medios mecánicos ou biolóxicos non contaminantes antes que os máis agresivos para o medio ambiente, séguese a utilizar o glifosato porque é o material máis barato”.

Puxo como exemplo a sentenza do Tribunal de Estados unidos contra a internacional “Monsanto”. Explicou como o Tribunal americano “ditou unha sentenza condenando á internacional a pagar unha cantidade millonaria aos demandantes pola relación causa-efecto entre o uso do glifosato e a provocación de cancro en persoas”. Instou á Xunta “a ir avanzando no emprego de outros produtos e a priorizar a saúde humana e o coidado do medio ambiente antes que os beneficios económicos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08