Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “representamos o novo fronte ao vello, o progresismo fronte ao conservadurismo, o diálogo en defensa de Galicia fronte á confrontación do PP que non leva a ningures”

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, apuntou hoxe en Ferrol que “representamos ao novo fronte ao vello, ao progresismo fronte ao conservadurismo, o diálogo e a negociación en defensa de Galicia ante a confrontación que representa o PP e que non leva a ningures”.

O líder dos socialistas galegos visitou hoxe ao alcalde de Ferrol, ao socialista Ángel Mato, para darlle continuidade á súa rolda de visitas ás grandes cidades que comezou esta semana en Vigo e Lugo, onde presentou un proxecto para “construír unha nova Galicia fronte ao proxecto esgotado e vello que representa Núñez Feijóo”.

Gonzalo Caballero anunciou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participará o domingo na presentación da súa candidatura á presidencia da Xunta, marcando o “punto de inicio do período electoral que levará a Galicia a un goberno mellor”. Anunciou “un novo proxecto para unha nova Galicia” que “pase páxina e deixe atrás 11 anos de desfeita de Feijóo”.

O candidato socialista anunciou un “goberno de Galicia ao servizo dos galegos e das galegas, comprometido co benestar, os servizos sociais, o emprego e a industria e tamén coa vertebración territorial”. Chamou a unha “mobilización masiva” para evitar que Feijóo “pase de puntillas desta campaña” porque “se os galegos falan e votan perderá o control político da Xunta de Galicia”.

Anunciou un “tempo novo” fronte a un Feijóo e un PP “acomplexados porque saben que a nova Galicia que emerxe non quere políticas de recortes, do retroceso das liberdades políticas e dos dereitos sociais que implica o PP”. Enfronte, dixo, atópase un Feijóo que “sempre ten posta a camiseta do PP para traballar a carón de Casado e confrontar co goberno de España co apoio de Vox, que dixo que salvaría” ao PP.

Sinalou que o candidato do PP “non vale como interlocutor” e que quedou inhabilitado dende o momento en que “opta pola estratexia da confrontación e evita o diálogo”, facéndoo inservible para solucionar os problemas de Galicia. Feijóo, remachou, “prefire estar na confrontación antes que solucionar os problemas, e nós imos mudar todo iso”.

Ferrol

O candidato socialista fixou á sanidade pública, as políticas sociais e a política industrial como prioridades do próximo goberno socialista para Ferrolterra. Presentou ademais o compromiso concreto de desbloquear a VAC Costa Norte no primeiro ano para poñer o proxecto en marcha durante a primeira Lexislatura logo de 11 anos paralizado polo PP.

Puxo como exemplo da “desfeita” do PP a paralización das fragatas F – 110 por parte do ministro Morenés co Rajoy de presidente en Madrid e Feijóo “calado” en Galicia “por intereses espurios do PP con empresas do sector. Tivo que ser unha ministra de Defensa socialista, Margarita Robles, quen atendera ás demandas de Caballero e Mato para acelerar os tempos para recuperar o proxecto.

Advertiu que logo de 11 anos a cidade e a comarca de Ferrolterra non poden senón ter un “balance fondamente negativo” da acción dun goberno galego que “non cumpriu coa sanidade”. Sinalou que “o que lle fixo Feijóo á sanidade pública galega non ten perdón de Dios nin de ningún galego nin galega”, que “non lle perdoamos que metera na UCI ao sistema sanitario”.

Subliñou que “Ferrol necesita un aliado á fronte da Xunta, que permita construír e tecer unha alianza entre o presidente socialista do goberno Pedro Sánchez, un alcalde socialista no Concello de Ferrol como é Ángel Mato e un goberno progresista na Xunta para traballar e desatascar os asuntos pendentes para a cidade”.

Ángel Mato

O alcalde da cidade, Ángel Mato, chamou á mobilización para acadar un novo presidente socialista na Xunta de Galicia que “rompa coa pasividade do goberno galego nos asuntos clave”, como é o caso do emprego e a perda de poboación.

Sinalou a “necesidade de interlocución coa Xunta en materia industrial”, por canto se mantén “ausente de cantas cuestións temos que discutir tamén co goberno de España. Lembrou que o goberno galego “agora ten competencias mesmo no canto ás axudas dos plans Reindus, e que sinceramente non está a ter un papel activo na busca de alternativas económicas e dun maior dinamismo nunha comarca que o precisa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18