Categorías: Actualidade

Feijóo debe explicar no Parlamento os vencellos co ex directivo de Pemex detido por corrupción e branqueo de capitais

O Grupo Socialista vén de presentar conxuntamente co resto dos grupos da oposición a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que dea conta diante da Deputación Permanente do Parlamento dos vencellos do goberno galego co ex directivo de Pemex detido en Marbella a semana pasada acusado de corrupción e branqueo de capitais.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, esixiulle ao presidente da Xunta que clarifique o papel do goberno galego nas operacións de Pemex en Galicia que agora están a investigar o goberno de México e a fiscalía daquel país, entre elas a compra de Barreras. Pregúntalle ademais se o presidente da Xunta decidiu adiantar as eleccións para “verter unha cortiña de fume” para “escapar” deste escándalo.

O responsable socialista reclámalle ao presidente da Xunta que detalle cal é a súa relación con Emilio Lozoya, o ex directivo detido, que foi quen asinou tanto a adxudicación dos dous floteis como a compra do estaleiro Barreras. Lembra ademais que a dita investigación tamén está a sinalar a outros dous directivos encargados de negociar os acordos co goberno galego.

Criticou que o presidente da Xunta se teña afanado tanto en “darnos leccións de dignidade e decencia política” cando “o que debe explicar son as súas relacións con quen vén de ser detido despois de ser declarado prófugo da xustiza, e por que nunca chegaron os 20 buques que anunciara”. Subliñou que “daqueles buques anunciados en campaña electoral non sabemos nada, pero o que si que puidemos ver foron as fotos de Feijóo xunto a un directivo agora detido acusado de suborno e branqueo de capitais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13