Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero reafirma o compromiso do Goberno coas infraestruturas galegas fronte á “paralización de Rajoy e Pastor”, cando Feijóo era “o máis caladiño da procesión”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, reafirmou hoxe en Madrid o compromiso do goberno presidido por Pedro Sánchez coas infraestruturas galegas logo da “paralización” de Rajoy e Ana Pastor, cando Feijóo presumía de ser “o máis caladiño da procesión”. Así o dixo logo dun encontro co secretario de Estado de Mobilidade, Transportes e Axenda Urbana, Pedro Saura.

O líder dos socialistas galegos revisou hoxe a axenda pendente para Galicia, logo de que o Tribunal de Cuentas confirmara a paralización do AVE a Galicia durante 3 anos cun sobrecuste de 500 millóns de euros cando Pastor era ministra de Fomento. Censurou que o PP pretenda agora “tomar vantaxe facendo demagoxia” cando as obras foran paralizadas coa complicidade de Feijóo.

Grazas á chegada de Pedro Sánchez ao goberno, dixo, hoxe o AVE “está moi ben encarrilado”, mentres o Executivo “cumpre cos investimentos necesarios e evitando ningún atraso derivado da acción de goberno”. Sinalou que nesta primavera estará en marcha a primeira metade do tramo Madrid – Galicia, e que toda a línea estará completada no primavera de 2021.

Caballero explicou que este encontro, no que tamén participaron os senadores galegos Xoaquín Fernández Leiceaga e César Mogo, danlle continuidade “no concreto” aos recentes encontros co ministro Ábalos. Os socialistas galegos trasladaron así as “prioridades en materia de inversións para Galicia”, con “pulso firme e esixindo con lealdade as medidas que favorezan aos galegos e ás galegas”.

O candidato socialista puxo sobre a mesa así “a axenda pendente para Galicia”, que inclúe a transferencia da AP-9 e adiantando un “cambio histórico” na xestión da infraestrutura que será cedida á Comunidade Autónoma, así como “aplicando unha redución das peaxes aos viaxeiros recorrentes” nesta vía.

Tamén avaliaron a posta en marcha das estacións intermodais ou a electrificación da liña de tren entre Lugo e Ourense, adiantando unha axenda na que “os socialistas galegos estamos plenamente comprometidos e non lle vamos dar vantaxe nin permiso ao PP para facer demagoxia política”.

Explicou que aquel partido foi o que “non cumpriu con Galicia cando gobernaba Rajoy, xa que cando Ana Pastor era ministra de Fomento paralizou o AVE e non sacou as intermodais a concurso”. Tampouco o PP propiciou “avances na chegada dun tren en boas condicións a Lugo, e mesmo impediu que se debatera a transferencia da AP-9 e impediron a rebaixa nos custes das peaxes”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02