Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero esíxelle a Feijóo que dea explicacións polo presunto uso de diñeiro negro de Venezuela para o PP en 2015 e 2016

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, esixiulle hoxe a Feijóo que dea explicacións públicas polo presunto uso con fins políticos de 300.000 euros de fondos de emerxencia destinados á emigración de Venezuela nos anos 2015 e 2016, coincidindo con convocatorias electorais.

Ao remate dun encontro co alcalde de Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral do PSdeG reclamoulle ao presidente da Xunta que “dea a cara” por unha noticia revelada hoxe nos medios de comunicación e que “nos preocupa moitísimo”. Advirte que as informacións revelan que “o PP pode ir dopado as elecciósn utilizando fondos públicos”.

O presidente da Xunta, dixo, “ten que comparecer de forma inmediata para despexar calquera dúbida de corrupción e irregularidades na xestión de fondos destinados á emigración”. Salientou a “alarma” logo de coñecer que “ao parecer o Tribunal de Cuentas detectou un burato de centos de miles de euros” dos que Feijóo ten que dar conta.

Sinalou que Feijóo “quere agochar as siglas do PP, pero as leva marcadas na fronte”, incluída a “longa historia de corrupción na que non foi quen de pedir contas cando se coñeceu a sentenza da Gürtel”. Advertiu que “é o PP en vena, o mesmo que non quixo a Lei do Divorcio, a do Aborto, o matrimonio de persoas do mesmo sexo, que vota contra a morte digna pero aplaude os pactos coa estrema dereita en Andalucía”.

Gonzalo Caballero sinalou que o presidente da Xunta debe dar conta tamén do novo caso dunha persoa falecida no Porto Exterior de A Coruña mentres agardaba pola ambulancia. Así o dixo logo de trasladar a “fonda pena” polo suceso e transmitiulle as condolencias dos socialistas á familia diante dunha “situación moi dolorosa”.

O responsable socialista reclamou que o suceso “se aclare con total transparencia” e criticou que o presidente da Xunta se manteña “agochado” cando “debera explicar os datos do que pasou para ver se hai que esixir responsabilidades. Alertou de que “hai precedentes” de sucesos derivados da “falla de atención e compromiso co sistema público”.

Neste sentido apuntou ao falecemento dunha persoa diante do Centro de Saúde da Estrada cando o único equipo médico dispoñible se atopaba atendendo unha emerxencia, ou a persoa que faleceu en Dozón tamén agardando pola ambulancia. Sinalou que “hai máis casos pero as familias non queren tomar medidas porque son procesos moi duros que hai que respectar”.

Os socialistas galegos asinaron unha petición de comparecencia de Feijóo na Deputación Permanente do Parlamento para dar conta tanto da situación que derivou co falecemento deste traballador como coa información sobre o burato nos fondos da emigración de Venezuela.

Demoscopia

O candidato socialista anunciou hoxe unha enquisa cunha mostra de 1.800 sondeos na última semana que apunta que “as cousas van ben, hai unha dinámica de cambio e unha maioría de progreso que se vai activar” fronte ao “desgaste do PP”. Apuntou que a motivación dunha maioría de progreso pode provocar “un tsunami, un vuelgo electoral” e ratificar o “cambio político” en Galicia.

Sinalou que a participación resulta fundamental fronte a un PP que “cre que coa confrontación co goberno de España vai mobilizar ao seu electorado, pero cada día que pasa vai ir perdendo pulo e vamos ter un magnífico resultado electoral” porque “Galicia non quere seguir aturando un proxecto esgotado, esgotador e que asfixia á Galicia máis nova”.

Apuntou que Feijóo é en realidade “un conservador que ataca ao Estado do Benestar, á sanidade pública e aos dereitos sociais” e que en 11 anos non foi quen de conseguir unha soa nova competencia para Galicia, “non foi quen de facelo cando gobernaba Rajoy nin agora que gobernamos os socialistas en España”.

Santiago de Compostela

O candidato socialista mantivo un encontro co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno para trazar a folla de ruta dun goberno socialista na Xunta para a capital galega. Apostou por un goberno progresista na Xunta que poida abrir “empatía e sinerxias con Santiago e que vexa á Galicia urbana como un polo tractor de desenvolvemento e de impulso económico da vida social e cultural”.

Analizou os problemas pendentes na capital, como o caso dos aparcadoiros no entorno periurbano que garantan a mellor mobilidade e accesibilidade da cidadanía, as necesidades de vivenda vencelladas ao casco histórico, o prezo da vivenda ou o compromiso coa industria, para garantir que un goberno progresista lidersdo polo PSdeG terá estas cuestións na súa prioridade.

Gonzalo Caballero continuou hoxe coa rolda de encontros cos alcaldes socialistas das grandes cidades galegas, que comezou esta semana en Vigo, Ferrol e Lugo e que continuará o próximo luns en A Coruña. Nesta rolda presenta o proxecto socialista fronte a un Feijóo que “en 11 anos abandonou o rural e ademais non tivo capacidade de establecer ningunha sinerxia coa Galicia urbana, a máis puxante”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28