Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reivindica ante o Comité Nacional “o PSdeG útil”: “Somos un proxecto galeguista, feminista, verde e de esquerdas que ten como obxectivo servir aos galegos na reactivación”

O líder socialista sinala a reactivación de Galicia como “única prioridade” e garante que o PSdeG está “con toda a forza para seguir defendendo á xente” dende “unha alternativa de progreso”

O secretario xeral contrasta “as políticas de progreso” dun PSdeG “orgulloso de servir a Galicia” tamén dende os concellos co “postureo” do PP na Xunta, “máis centrado na propaganda que en atallar os problemas”

Santiago, 12 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe ante o Comité Nacional para reivindicar un partido “útil” a Galicia, na medida en que conta “cun proxecto galeguista e federalista, feminista, verde e de esquerdas” e que ten como “único obxectivo servir aos galegos e ás galegas”.

Sobre todo, como dixo, nun contexto de pandemia no que “a única prioridade” é a reactivación de Galicia e saír da crise “apoiando ás persoas” cun modelo que “loite contra a desigualdade, xere emprego e fortaleza os servizos públicos”. “Non podemos permitirnos máis cicatrices sociais nas crises, seguir perdendo xente nova en Galicia…”, evidenciou, ao tempo que requiriu á Xunta que poña nas mans da xente os 234 millóns de euros que lle transferiu o goberno de España hai un mes para dar axudas directas a pemes e autónomos.

“Cando a xente non ten cartos, a mellor política é poñer cartos en mans da xente”, referiu Gonzalo Caballero, consciente das diferencias entre as políticas de “austeridade” coas que o goberno da dereita “ralentizou” a saída da anterior crise e as medidas que o goberno de Pedro Sánchez está impulsando agora en Europa.

Precisamente por iso, o líder do PSdeG subliñou que cómpre “estar á altura” do que a cidadanía pide e seguir sendo “unha oposición responsable”. Do mesmo xeito que hai 40 anos os e as socialistas practicaron “a mellor política” para aprobar un Estatuto de Autonomía que convertera a Galicia “nunha comunidade de primeira”, agora é tempo -dixo- de “buscar acordos para sacar o país adiante” a pesares da “irresponsabilidade” que está amosando o PP tamén dende a Xunta.

“O propio Feijóo renegaba da estratexia de vacinación do goberno de España, como todos os agoreiros da dereita, e que se está amosando como un gran éxito colectivo que nos permite afrontar o futuro con ilusión e esperanza”, destacou, e cualificou cun “suspenso” a acción da Xunta para a reactivación e o uso dos fondos europeos.

“Carecemos dun goberno galego capaz de impulsar o emprego e a industria; de estar a carón das mulleres, que sofren máis as consecuencias das crises; de dar esperanza no futuro á mocidade, de apoiar aos traballadores; de ser un aliado do medio rural…”, enumerou Gonzalo Caballero, quen defendeu que por iso o PSdeG ten que enfrontar esta crise “coa maior responsabilidade e con todo o compromiso”. “Porque nos xogamos a Galicia do futuro”, recalcou.

DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS E APOSTA POLO EMPREGO

Ao fío disto, o máximo responsable do PSdeG situou a xeración do emprego de calidade como cuestión clave na saída da crise e defendeu tamén a necesidade de impulsar os servizos públicos que xa chegaron “debilitados” á pandemia a causa da falla de compromiso do PP dende a Xunta.

Logo de apuntar que Galicia se atopa no posto “número 13 das 17 comunidades de España” en desenvolvemento dos servizos sociais e de sinalar o incremento das listas de espera para operacións (18 días máis) ou para consultas co especialista (8 xornadas adicionais), Gonzalo Caballero subliñou que cómpre “fortalecer” a sanidade pública con 5.000 novas prazas estables, reformar o modelo de residencias de maiores e manter os profesores que se contrataron na educación pública ao longo deste curso académico.

“Non renunciamos ao noso compromiso coa xustiza social e a igualdade dende hai 140 anos”, subliñou, como responsable dun proxecto “de esquerdas e feminista” e cun compromiso ecoloxista: “non hai unha Galicia B: ou a coidamos ou estaremos recortando o dereito ao futuro”.

“COMPROMISO FIRME COA UNIVERSIDADE PÚBLICA”

Ademais, o líder do PSdeG salientou “o noso compromiso firme coa universidade pública galega”, ao que definiu como “un sistema de calidade que necesita apoio e fortalecemento” e non “competencia por detrás a través de institucións privadas que pretenden duplicar títulos xa existentes”.

“Nós temos un compromiso firme coa educación pública”, recalcou Gonzalo Caballero, “e estamos fronte a calquera medida que implique retrocesos ou riscos de privatización da nosa universidade”.

Por este motivo, sinalou, o PSdeG ten participado nas distintas convocatorias en contra do proxecto de universidade privada en Galicia, sobre o cal os reitores de Santiago, Vigo e A Coruña xa trasladaron ao secretario xeral o seu rexeitamento nas distintas xuntanzas que mantiveron.

“TEMOS QUE SEGUIR LIDERANDO A RESPOSTA FRONTE Á CRISE”

Así pois, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “temos que seguir liderando a resposta fronte á crise” e asegurou que o PSdeG está “con toda a forza para seguir defendendo á xente” e sendo “a alternativa de progreso”.

“Fronte ás políticas de postureo dun PP que fai moita publicidade e moita propaganda, pero que non atalla os problemas dende a Xunta, e fronte a un nacionalismo que incorre na demagoxia e no populismo, nós estamos orgullosos de servir a Galicia”, reivindicou, poñendo tamén como referencia as políticas de progreso postas en marcha dende os concellos.

Nesta liña, sinalou as eleccións municipais como o seguinte reto electoral do PSdeG, no ano 2023 ao igual que os comicios xerais. “Seguiremos traballando para incrementar a nosa capacidade de gobernar a prol das persoas”, engadiu.

“PROXECTO COLECTIVO”

Nun Comité Nacional que marca o reinicio da actividade orgánica logo das restricións derivadas da pandemia, Gonzalo Caballero chamou a seguir poñendo “o colectivo por riba de calquera outra estratexia” porque estamos “en tempos moi difíciles”.

Por iso, agradeceu á militancia do PSdeG “o acompañamento, a forza e os folgos” na súa tarefa de “traballar por Galicia”. “Todos xuntos estamos nas mellores condicións para facer fronte aos retos do futuro e para traballar por unha Galicia mellor”, concluíu, asegurando que “ese é o meu compromiso”.

MINUTO DE SILENCIO

O secretario xeral do PSdeG arrincou a súa intervención cunhas palabras de recordo a Isaura Abelairas e Paloma Rodríguez, coas que deu paso a un minuto de silencio na súa honra e polos asasinatos machistas dos últimos días.

A continuación, Gonzalo Caballero puxo en valor o traballo levado adiante por Javier Losada como delegado do goberno en Galicia e resaltou “o magnífico relevo” que tivo en José Miñones.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57