Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reivindica dende Conxemar unha reactivación “pegada á economía produtiva, ao impulso da actividade pesqueira e ao sector Mar – Industria”

Traslada a solidariedade do PSdeG coa familia de Valeriano Martínez tralo seu inesperado pasamento e recoñece o seu traballo como conselleiro de Facenda

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, visitou hoxe en Vigo Conxemar, a feira de produtos do mar conxelados, unha oportunidade que aproveitou para emprazar á coordinación entre as administracións para acadar unha reactivación “pegada á economía produtiva do país, ao impulso da actividade pesqueira e a industria do mar”.

Ademais, Gonzalo Caballero mantivo un encontro cos responsables desta feira, a quen lles ratificou o apoio dos socialistas galegos para que siga a ser a referencia do conxelado de peixe en España.

O voceiro parlamentario do PSdeG emprazou ás administracións a “pular todos xuntos” dende o goberno de España, a Xunta, as deputacións e os concellos para que Conxemar “siga a ser referencia internacional do sector” e “o mellor escaparate dunha industria de vangarda, de calidade demostrada e que ten acreditada toda a súa capacidade dende Vigo”. De feito, subliñou que “Galicia é potencia internacional” no sector mar-industria e que “ten que seguir séndoo”.

Ao fío disto, resaltou o éxito da nova edición de Conxemar, que “amosa como en Galicia podemos facer feiras internacionais de primeiro nivel aínda neste tempos poscovid” e que demostra “o ben que os galegos sabemos traballar os produtos do mar”. Neste senso, sinalou o papel do mar-industria na nosa comunidade, toda vez que segue a ser “referencia en produtos de calidade, en innovación tecnolóxica e na vangarda da produción”.

Falecemento Valeriano Martínez

En paralelo, o voceiro do PSdeG na Cámara galega, Gonzalo Caballero, trasladou de novo as condolencias e o pésame á familia e aos compañeiros de partido do conselleiro Valeriano Martínez logo do seu repentino falecemento onte.

Así, lamentou as “circunstancias tráxicas inesperadas” dun “acontecemento que nos deixou nunha situación de tristura” polo falecemento, tal e como xa trasladou onte tanto ao presidente da Xunta como ao portavoz do Grupo Parlamentario do PP.

Asemade, Gonzalo Caballero amosou o recoñecemento e o respecto do PSdeG ao traballo de Valeriano Martínez, quen “dende a súa opción política tentaba facer as cousas o mellor posible para Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28