Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclámalle á Xunta traballar a favor do emprego en Vestas: “Hai que parar o ERE”

O líder dos socialistas galegos participa na concentración convocada polo comité de empresa hoxe en Santiago de Compostela

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe á Xunta que “deixe de buscar culpables e empece a buscar solucións” para o mantemento dos postos de traballo da fábrica de Vestas en Viveiro. O responsable socialista mantivo un encontro cos traballadores da factoría na concentración convocada polo comité de empresa na capital de Galicia.

O líder dos socialistas galegos emprazou ao goberno galego a “realizar un esforzo de coordinación” coas demais administracións para liderar unha fronte común co único obxectivo da continuidade dos postos de traballo dunha empresa fundamental para Viveiro. Lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva en materia industrial, e que ten que actuar sobre unha factoría localizada en Galicia e cun ERE presentado nesta comunidade.

Emprazou ao goberno galego a empregar tódalas vías posibles para frear un ERE que foi presentado ao mesmo tempo que a multinacional anunciaba o peche, demostrando “mala fe cos seus traballadores”. A decisión unilateral da empresa deixa a 115 persoas sen traballo nun momento especialmente difícil, que supón un “duro golpe para toda a comarca da Mariña.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18