Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero reúnese co Grupo Socialista de Teo trala ruptura do goberno local: “O presente e o futuro de Teo pasan por un PSdeG forte capaz de liderar o Concello”

A portavoz socialista en Teo, Uxía Lemus, subliña que houbo un “problema de xestión de ego” por parte do alcalde, que “vai intentar sacar réditos da nosa xestión”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Teo para manter un encontro co grupo municipal socialista logo de que o alcalde decidira rachar co acordo de goberno. Dende alí, Gonzalo Caballero deixou claro que “o presente e o futuro de Teo pasan por un PSdeG forte capaz de liderar o concello”.

Caballero instou ao alcalde a que “explique por que toma unha decisión máis centrada en cuestións internas que no interese xeral do conxunto dos veciños e das veciñas”, que serán os grandes damnificados desta decisión, ao tempo que puxo en valor “a gran tarefa” do grupo que encabeza Uxía Lemus, que ten levado adiante unha xestión “chea de compromiso e progresismo”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos asegurou que “o traballo dos socialistas de Teo sempre estará ao servizo dos intereses xerais” deste municipio e amosouse “convencido” de que “os e as votantes recoñecerán o traballo ben feito polo PSdeG e o seu compromiso co concello nas próximas eleccións municipais”.

Ademais, o líder do PSdeG trasladoulle o “respaldo e apoio” dos e das socialistas galegas aos concelleiros e concelleiras de Teo. “Logo da súa magnífica xestión, outros terán que explicar unha decisión tan negativa” como a que tomou o alcalde, engadiu.

UXÍA LEMUS: “ESTRATEXIA CURTOPRACISTA”

Pola súa banda, a portavoz socialista en Teo, Uxía Lemus, criticou o “ataque á estabilidade e á gobernabilidade do concello por parte do propio alcalde” nunha “estratexia curtopracista meramente electoral e vencellada a un problema de xestión do ego”. Así, lamentou que decidira “cortar de raíz” o “traballo apaixoante” do goberno local utilizando “escusas baratas, febles, que non teñen razoamento fóra de que lle estabamos a facer moita sombra”.

Logo desta decisión, dixo, “un concello como Teo, que necesitaba dun goberno de esquerdas forte como o que tiñamos” ten agora “un goberno de catro concelleiros”. Así é que lamentou o “espectáculo horroroso” prestado polo propio alcalde e que, dixo, “está a sufrir toda a veciñanza”.

Por último, a concelleira socialista advertiu que o alcalde “vai intentar sacar os poucos réditos que poida da nosa xestión”. “Non sei como vai xestionar un concello tan grande e con tanto financiamento europeo como o que conseguimos dende a parte socialista” do goberno, concluíu, antes de garantir que o  PSdeG seguirá como ata o de agora, traballando polo ben dos veciños e das veciñas de Teo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18