Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama “máis política social” ante a ausencia dun plan integral da Xunta fronte aos contaxios en residencias de maiores

O secretario xeral remarca a súa “lealdade” a pesar dos erros da Xunta: “O PP faría un ataque furibundo contra o goberno de España por enviar material caducado dende 2014”

Santiago, 3 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou hoxe a súa preocupación ante a ausencia dun plan integral por parte da Xunta para combater os contaxios nas residencias de maiores a raíz da comparecencia da conselleira de Política Social no Parlamento de Galicia.

E é que, a pesares das preguntas do dirixente socialista sobre as contratacións que se fixeron para dotar de máis persoal ás residencias, sobre o funcionamento dos protocolos ou sobre a dotación de material, a resposta da conselleira foi insuficiente. Tampouco foi quen o vicepresidente da Xunta de aclarar se hai máis persoal sanitario para afrontar a loita contra o coronavirus.

Nese escenario, Gonzalo Caballero incidiu na necesidade dun “plan urxente” que implique “máis persoal, máis material e máis infraestruturas” nos eidos sanitario e social. “Fortalecer os servizos públicos é a nosa bandeira constante”, recordou, e pediu á Xunta destinar “todos os recursos” fronte ao Covid-19.

“Hai que fortalecer a sanidade pública e os servizos sociais”, recalcou o líder do PSdeG, quen garantiu a “lealdade” dos socialistas galegos tanto coa Xunta como co goberno de España porque “a nosa contribución é a favor de Galicia”. “Haberá tempo”, engadiu, para analizar en que condicións afronta Galicia esta crise e para evidenciar que a “anticipación” que trata de destacar a Xunta non é tal.

Proba diso, afondou Gonzalo Caballero, é a situación das residencias de maiores, con varios centos de contaxios que xa desbordan as previsións da Xunta. “É evidente que algo fallou, á vista dos casos de contaxio masivo e de que as dúas residencias integradas que preveu inicialmente a Xunta xa son insuficientes”, apostilou.

Nesa liña, o máximo dirixente do PSdeG subliñou que as residencias son “o maior punto de preocupación”, tanto pola situación que atravesan os internos como polo que pode supoñer de colapso para o sistema sanitario. “Xa van máis de 400 contaxios”, apuntou, polo que chamou a incrementar o persoal, a dotalo da protección axeitada e a garantir o funcionamento dos protocolos.

“Hai que revisar o sistema”, defendeu Gonzalo Caballero, partidario de “incrementar as prazas públicas e de frear a precarización do persoal” das residencias. Ademais, reclamou “transparencia” nos datos, que se facilite información aos familiares dos usuarios dos centros e que se separe aos contaxiados dos que non o están.

“COOPERACIÓN”

Así as cousas, Gonzalo Caballero pediu á Xunta “cooperación” co goberno de España porque “en momentos de tormenta non se pode desestabilizar ao patrón do barco”. Así o dixo ante a decisión do goberno de España de paralizar a actividade económica non esencial porque “o prioritario é a saúde”.

Tamén requiriu á Xunta “cooperación” cos concellos, que están cubrindo “necesidades sociais” ás que a administración autonómica non chega. Nese punto, sinalou que hai concellos que recibiron material da Xunta que levaba caducado dende 2014. “O PP faría un ataque furibundo contra o goberno de España se fora cousa súa”, observou.

Gonzalo Caballero iniciou a súa intervención na Cámara este venres cunha mensaxe de “apoio” e “agarimo” a todas as persoas que perderon un ser querido a causa do coronavirus, e trasladou “ánimo” ás 125.000 persoas maiores que viven soas en Galicia e ao resto das familias que están no confinamento. Ademais, agradeceu a quen seguen traballando, especialmente ao persoal sanitario e de servizos sociais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06