Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama estratexias para mobilizar 20.000 millóns de euros en inversións públicas e público-privadas para “remontar a crise máis profunda do noso país”

O PSdeG constitúe dez grupos de traballo para “nutrir” a comisión da reconstrución, que ten que deseñar a orientación para construír “unha Galicia de progreso, con futuro e que protexa á cidadanía”

Santiago, 17 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza cos dez coordinadores dos grupos de traballo constituídos polos socialistas para “nutrir” a comisión parlamentaria para a reconstrución de Galicia e cifrou en 20.000 millóns de euros as inversións en iniciativas públicas e público-privadas que fan falta, no horizonte 2021-2027, para “remontar a crise máis profunda do noso país”.

“Temos que establecer estratexias e sinerxias para mobilizar 20.000 millóns de euros de inversións en iniciativas públicas e público-privadas incorporando fondos europeos e de todas as administracións”, defendeu Gonzalo Caballero.

Ao fío disto, o líder do PSdeG recordou que esta semana Feijóo presentou distintos proxectos ao amparo dos fondos comunitarios “con moita parafernalia pero pouco contido” sobre o efecto deses proxectos no desenvolvemento de Galicia. “Falta”, dixo, “unha definición das liñas de acción estratéxicas”.

A ese respecto, subliñou que “é fundamental aproveitar as posibilidades que dá a UE”, pero puntualizou que esa formulación é “a medio prazo”. “Pero no corto prazo, á vez que se formulan as propostas europeas, Galicia necesita un goberno que tome decisións cada día”, recalcou Gonzalo Caballero.

“No corto prazo hai que protexer á xente, pero á Xunta está ausente en moitos eidos”, recalcou o dirixente socialista, quen reprobou que o goberno galego “quere converter á atención primaria nun servizo telefónico”, non responde ás necesidades dunha hostalería que está “paralizada”, “non fortalece a educación ante os riscos da pandemia” nin atende aos retrocesos en igualdade como consecuencia da crise.

“UNHA GALICIA CON FUTURO”

Neste contexto, Gonzalo Caballero comprometeu que o PSdeG traballará “con firmeza, con propostas e con solvencia” na comisión de reconstrución do Parlamento galego, “por unha Galicia de progreso, con futuro e que protexa á cidadanía” ante esta crise.

En vésperas da aprobación das normas de funcionamento dese órgano parlamentario, o secretario xeral defendeu que “non pode ser un paripé” senón que ten que servir para “orientar as medidas fundamentais” para que “Galicia e os galegos e galegas non quedemos atrás”. “Esta ten que ser a lexislatura da protección das persoas”, subliñou.

Sobre todo, como indicou, porque “Galicia careceu de orientación estratéxica” na última década nos eidos económico, industrial e dos sectores produtivos. “Por iso é necesario formular agora as liñas básicas de reactivación do país”, incidiu.

“Queremos pedir a PP e BNG que entendan que esta comisión é moi relevante, e que hai que dar tempo ás comparecencias e avaliar con madurez o ditame, para dar a Galicia as propostas que merece para remontar esta crise”, reivindicou Gonzalo Caballero, e asegurou que esa será a postura do PSdeG.

GRUPOS DE TRABALLO

Canto aos grupos de traballo, nunha xornada na que tamén participou Guillermo Meijón como coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso e o eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, Gonzalo Caballero explicou que servirán para reunir expertos en cada eido e para recibir tamén propostas da militancia e da sociedade en xeral.

O primeiro dos grupos é o centrado na ‘Reconstrución económica e reactivación industrial’, que dirixirá Xoaquín Fernández Leiceaga; mentres que o de Sanidade recae en Julio Torrado, o de Política Social coordinarao Marina Ortega, Luis Álvarez estará a cargo do de Educación e Noa Díaz asumirá Cultura.

Pola súa banda, o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, coordinará os traballos de ‘Medio ambiente e transición ecolóxica’, Icía García dirixirá os de Igualdade, do Medio Rural encargarase Martín Seco, Paloma Castro traballará no eido de ‘Xustiza, dereitos, liberdades e memoria democrática’ e Patricia Otero estará a fronte do grupo de Pesca.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18