Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe á Xunta que “faga públicas” as analíticas do río Eume e que actúe para arranxar a turbidez das súas augas

O secretario xeral acude ata a zona afectada para reclamar a limpeza do río e do encoro e mantén unha xuntanza coa confraría de Pontedeume

Pontedeume, 16 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe á Xunta que “faga públicos” os datos das analíticas do río Eume, logo de atopar un nivel turbidez nunca visto nestas augas. De feito, urxiu que se tomen “todas as medidas” para arranxar este episodio.

“Esta problemática ten que ser solucionada de xeito áxil”, remarcou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que a situación é consecuencia da “falla de medidas da Xunta” no que atinxe á limpeza dos cauces e da falla de control sobre a concesionaria do encoro.

Por iso, nunha visita á zona afectada en compañía do alcalde, Bernardo Fernández, o líder do PSdeG chamou a todas as administracións a actuar no que está ocurrindo nun espazo natural que é “emblemático” e na medida en que está afectando á calidade da auga dos veciños de Pontedeume e ao sector marisqueiro.

REUNIÓN COA CONFRARÍA

Nese senso, urxiu á Xunta a que acometa inversións na depuradora de Pontedeume e a que se tomen todas as medidas para garantir o estado da auga. Así o dixo antes de manter unha xuntanza con representantes da confraría, que lle transmitiron a súa preocupación polos riscos de afectación da turbidez da auga aos bancos marisqueiros da zona.

Pola súa banda, o rexedor de Pontedeume incidiu na importancia da adaptación da depuradora para superar episodios deste tipo, ao tempo que recordou que o das Fragas do Eume é “un dos parques naturais máis importantes de Galicia”.

Así mesmo, Bernardo Fernández sinalou que 70 familias da súa vila viven do sector marisqueo, polo que puxo de manifesto a importancia de coñecer o resultado das analíticas do río. Máxime, subliñou, cando “estamos ás portas da campaña de Nadal”.

COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL

Despois de que Gonzalo Caballero reafirmase o “compromiso medioambiental” do PSdeG e reclamase a limpeza do río e do encoro, o voceiro socialista neste eido no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena, criticou “o desleixo, a neglixencia e a pasividade” da Xunta no coidado do parque natural das Fragas do Eume.

“A Xunta pinta espazos protexidos nun papel, pero logo nin os protexe, nin os coida, nin sanciona cando corresponde”, evidenciou, ao recordar que esta zona leva 23 anos sen plan de xestión.

Na visita á zona tamén participaron a parlamentaria autonómica Begoña Rodríguez Rumbo, os deputados no Congreso Montse García e Diego Taibo e o senador Antonio Vázquez, así como concelleiros socialistas de Pontedeume.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13