Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama dende os Ancares unha “nova política de vertebración territorial” para integrar ao rural “cos mesmos dereitos que no resto de Galicia”

Caballero reúnese cos alcaldes de Navia, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita e con voceiros municipais para referendar o compromiso socialista cunha carta de cidadanía que garanta dereitos no rural

O líder socialista sinalou que “o peche unilateral” da multinacional Vestas en Viveiro “non é de recibo” e reclama a acción conxunta das administracións pola industria da Mariña ante a “inacción” da Xunta

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que “é hora de que Feijóo pase páxina do seu abandono do rural e de que a Xunta entenda que é necesaria unha nova política de vertebración territorial”.

Así o dixo Gonzalo Caballero no transcurso dunha visita a Navia de Suarna xunto co alcalde da localidade, José Fernández, dende onde reivindicou un goberno “que coide do territorio” e que “garanta cunha carta de cidadanía os mesmos dereitos para todos os galegos e galegas con independencia de onde vivan”.

Así, o líder dos socialistas galegos reclamou unha “nova política de vertebración que afecte ao rural”. “Non pode ser -engadiu- que con Feijóo cada mes haxa menos servizos públicos no rural, que se debiliten a sanidade e a educación públicas e que isto afecte sobre todo aos concellos do interior”.

“Non pode ser”, incidiu Gonzalo Caballero, que a Xunta de Galicia “non busque mecanismos para xerar emprego ou para coidar o territorio, nin para dar sanidade e educación públicas no rural en igualdade ás cidades de Galicia”.

Ao fío disto, o responsable do PSdeG presentou Navia como exemplo do recortes na sanidade pública por parte do goberno galego, nun concello que perdeu efectivos sanitarios ata quedar na actualidade con tan só un médico.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero reivindicou que “é necesario un goberno progresista en Galicia que apoie ao medio rural e defenda a sanidade e a educación públicas para todos os concellos de Galicia, cunha política de xeración de emprego que chegue a todo o territorio e dea oportunidades de vida aos galegos e galegas que viven nos concellos do interior”.

Na súa visita á provincia de Lugo, Caballero reuniuse cos alcaldes de Navia, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita e con voceiros e voceiras municipais para referendar o compromiso socialista cunha carta de cidadanía que garanta igualdade de dereitos no rural.

NAVIA DE SUARNA

No que atinxe a Navia, o alcalde da localidade, José Fernández, puxo o acento na situación das infraestruturas do interior, con estradas que “levan tempo abandonadas e necesitan investimento e apoio das institucións”.

Salientou ademais os problemas de conexión móvil e de internet nos concellos do interior, onde as telecomunicacións teñen enormes problemas de conexión.

INDUSTRIA

En paralelo, o líder dos socialistas galegos aludiu á situación da factoría de Vestas en Viveiro logo do anuncio “unilateral” de peche por parte da empresa, unha situación que “non é de recibo”, e emprazou á Xunta a “buscar mecanismos para que Vestas manteña o emprego na Mariña, e que a Xunta tamén fomente vías industriais que xeren emprego na comarca”. “O goberno galego carece de política industrial”, cun Feijóo que ve “caer industrias e empresas sen dar resposta”, sentenciou.

Por iso, emprazou a Feijóo a “poñerse as pilas, porque caen empresas en Galicia e semella que non hai presidente en Galicia pendente das necesidades dos galegos e das galegas”. Lembrou que a Xunta de Galicia ten competencias exclusivas en materia industrial no Estatuto, o que obriga ao “compromiso do presidente da Xunta alí onde hai crise industrial”.

Neste punto, Gonzalo Caballero tendeu a man dos socialistas galegos para “colaborar en todas as decisións que haxa que tomar na aposta pola industrialización da Mariña de Lugo, para solucionar a crise industrial que se deriva do anuncio de peche de Vestas e para manter toda a presión e darlle solución ao conflito de Alcoa”. Segundo Caballero, “o peche unilateral” da multinacional Vestas en Viveiro “non é de recibo” e reclama a acción conxunta das administracións pola industria da Mariña ante a inacción da Xunta.

Finalmente, o líder dos socialistas galegos trasladou o apoio e respaldo aos traballadores da factoría da Mariña, así como “a todas aquelas decisións que haxa que tomar dende o goberno de España, dende a Xunta de Galicia e das administracións locais para conquerir que os traballadores da planta de Viveiro manteñan os seus postos de traballo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18