Categorías: ActualidadeNovasPortada

Gonzalo Caballero preguntaralle a Feijoo pola súa estratexia para establecer prioridades e acertar na consecución de fondos Next Generation para a reactivación

Pablo Arangüena afirma que a única política industrial da Xunta é “buscar culpas alleas” e pregunta sobre as medidas do goberno galego en relación co peche da fábrica de Vestas en Viveiro

O voceiro do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, empregará a sesión de control do vindeiro Pleno do Parlamento para esixirlle explicacións a Feijoo sobre a estratexia para a captación de fondos europeos Next Generation para a reactivación. Así o explicou o vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces que se reuniu hoxe para fixar a orde do día do Pleno da próxima semana e na que tamén se decidiu que o Pleno do Estado da Autonomía se celebre lugar os vindeiros 13 e 15 de outubro.

Pablo Arangüena lembrou que “tras un ano e pico de pandemia e cunha comisión de reactivación xa rematada, a día de hoxe non sabemos nada deses supostos 107 proxectos privados que a Xunta di ter” e que “os proxectos públicos, na maioría dos casos, xa estaban en marcha antes da pandemia e, por tanto, son dificilmente elixibles”.

Neste contexto, tamén subliñou que “onte mesmo Gonzalo Caballero lle solicitou por carta unha reunión ao presidente da Xunta para coordinarse” nese asunto e que a propia presidenta Nadia Calviño lle pediu á Xunta que priorice as iniciativas, “porque obviamente isto non funciona como unha carta aos Reis Magos, que é o plantexamento da Xunta”.

Arangüena incidiu en que “Galicia xógase moito cos fondos Next Generation” e por iso “o PSdeG téndelle a man ao goberno galego para colaborar na captación de fondos”. Con todo, advirte que “para iso, a actitude da Xunta ten que cambiar radicalmente: debe deixar de xogar ao despiste e de improvisar” para pasar “a poñerse as pilas nun tema vital para Galicia”.

A ÚNICA POLÍTICA INDUSTRIAL DA XUNTA É “BUSCAR CULPAS ALLEAS”

Con respecto á política industrial da Xunta de Galicia, Pablo Arangüena tamén anunciou a presentación dunha pregunta urxente sobre as actuacións que pena levar a cabo o goberno galego en relación co peche da fábrica de Vestas en Viveiro.

“Hai”, sinalou o vicevoceiro parlamentario, “unha crise industrial en Galicia que ten moito que ver coa falla de política industrial por parte da Xunta”, que o único que fixo nos 12 últimos anos foi “esperar a que as empresas veñan soas para Galicia e rezar para que non marchen”. Por sio, instou ao goberno galego a “facer moito máis” e a “asumir as súas competencias” no canto de “buscar  culpas alleas, que parece ser a principal política industrial da Xunta de Galicia”.

BALEIRADO DOS ENCOROS

O Grupo Socialista tamén fará unha interpelación sobre o baleirado dos encoros despois de que o presidente da Xunta siga sen dar explicacións sobre este tema. Así, Pablo Arangüena recordou a publicación de dous correos electrónicos de Iberdrola demostrou que Feijoo “mentiu descaradamente” cando dixo que as hidroeléctricas non informaran á Xunta do baleirado. Salientou ademais que a Xunta leva cen días sen facer caso das tres leis autonómicas que lle obrigan a adoptar medidas cando hai risco para o medio ambiente.

Ademais, Pablo Arangüena anunciou outra interpelación sobre as políticas de xestión do patrimonio cultural galego por parte da Xunta. Neste eido, o Grupo Socialista preguntaralle ao goberno galego se ten previsto implementar as recomendacións do Consello da Cultura para adoptar unhas políticas de xestión do patrimonio máis modernas e eficaces ou “ se vai seguir facendo que fai, pero sen facer”.

Tamén se presentará unha moción sobre a presencialidade na atención primaria. Pablo Arangüena pediulle á Xunta “que reaccione e impida que se siga deteriorando a atención primaria” tras un verán “no que se agudizaron as carencias do noso sistema de saúde con menos camas hospitalarias, con centro de saúde en cadro e con listas de agarda en atención primaria por primeira vez na nosa historia”.

O Grupo Socialista tamén levará unha proposición non de Lei para reclamar un plan real de prevención do suicidio en Galicia. Trátase dunha necesidade tendo en conta que “a taxa de suicidio levaba anos crecendo e que empeorou coa pandemia”.

Ademais debaterase outra proposición non de Lei do PSdeG sobre a necesidade de actualizar o pacto local. O vicevoceiro socialista puxo de relevo que “o pacto asinado por Touriño en 2006 coa FEGAMP leva 17 ano sen actualizar” e cualificou de “sarcasmo” que o PP fale agora de municipalismo “cando asfixia financeiramente aos concellos e somete a discriminación sistemática aos que non son da súa cor política”.

Finalmente, o Grupo Socialista tamén preguntará sobre a procura dunha nova localización para ENCE tras unha sentenza que di que a factoría non pode estar no seu actual emprazamento, “que é xustamente o mesmo que dicía Feijoo en 2008 cando estaba na oposición”.

Tamén se cuestionará polos motivos do SERGAS para non aboar ao persoal de enfermería os seus salarios de acordo co período de cotización establecido pola Inspección de Traballo, o que obriga a ese persoal a  acudir á xustiza “en preitos que sempre perde a Xunta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08