Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero recibe a Michel Montaner, autor do libro sobre o apoio das bases a Pedro Sánchez

Santiago, 5 de outubro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recibiu este venres a Michel Montaner, secretario xeral do PSPV de Xirivella e autor do libro ‘El espíritu de Xirivella’, que relata o movemento das bases socialistas para devolver a Pedro Sánchez á Secretaría Xeral do PSOE en maio do 2017.

Michel Montaner estará estes días en Galicia presentando a súa obra, o que levará a estar en Vigo, Ourense, Santiago e Ribeira.

Ao termo do encontro, o líder dos socialistas galegos agradeceu o agasallo do libro que profunda na “forza da militancia” do PSOE e no cambio de rumbo que ten tomado o partido coa elección de Pedro Sánchez, que supuxo a conformación “dun proxecto de esquerda, sen complexos e con vontade de goberno”.

Pola súa banda, Montaner valorou o encontro mantido con Gonzalo Caballero, de quen destacou a súa “cercanía” e a súa “preocupación por dar soluciones” a Galicia.

Ademais, amosouse “muy satisfecho” pola “buenísima acogida” que está tendo, tanto en Galicia coma no resto de España, o seu libro, “una epopeya contada en primera persona por la militancia de cómo Pedro Sánchez ganó las primarias y, contra todo pronóstico, hoy es presidente del Gobierno”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24