Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Queremos un goberno socialista na Xunta para defender á Universidade pública de Galicia tras anos de recortes e ataques do goberno do PP”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, pediu hoxe o voto nas eleccións do 12X para “presidir un goberno socialista comprometido coa educación pública e que abra un novo tempo en materia de universidade, ciencia e innovación”. Así o dixo antes de manter unha xuntanza co ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, e os reitores das tres universidades públicas galegas, para explicarlles o proxecto de goberno dos socialistas galegos en materia de universidade e ciencia.

Gonzalo Caballero dixo que “fronte aos recortes, fronte aos ataques do goberno do PP ás tres universidades públicas galegas, queremos un goberno socialista na Xunta que defenda á universidade pública de Galicia”. De feito, asumiu o compromiso de “cumprir coas universidades públicas galegas fronte a un PP que pon en risco o sistema público da Universidade, ao que non lle gusta a educación pública, que recortou en profesores e en fondos para o ensino superior porque desconfía do sistema universitario galego”.

Como proba, Gonzalo Caballero recordou que “ao longo desta crise mesmo vimos como o PP entregou a unha consultora privada a adaptación das universidades galegas, e os profesores e profesoras das universidades públicas rexeitaron ese modelo e o PP tivo que recuar”.

Fronte ao xeito de actuar do PP de Feijóo, Gonzalo Caballero sinalou que “hai un ano por estas datas estaba corrixindo exames e poñendo notas aos meus alumnos e alumnas na Facultade de Económicas e Empresariais de Vigo” para recalcar o seu compromiso de que un goberno socialista “fará bandeira da defensa da educación pública e comprometerase coa universidade publica galega”.

Así, manifestou que “cun goberno socialista na Xunta de Galicia as primeiras matrículas nos graos universitarios serán gratuítas”, e que fará “unha aposta polas universidades públicas tamén a través de máis persoal docente e investigador, con máis contratos pre e posdoutorais, e cumprindo coa necesaria renovación xeracional no profesorado universitario”.

IMPULSO Á INNOVACIÓN

En compañía tamén do ministro de Ciencia e Innovación, o candidato socialista deixou claro que o seu goberno “impulsará tamén a ciencia e a innovación no noso tecido produtivo”, para “acadar novas formas de facer fronte aos retos industriais e á transformación dixital de Galicia”. Así o fará, dixo, para recuperar o tempo perdido de 11 anos de goberno do PP e o recorte drástico no nivel de investimento en Ciencia e Innovación de Galicia.

Finalmente, proclamou que “quero gobernar Galicia para defender ao meu país, para darlle aos galegos e ás galegas a posibilidade dunha Galicia mellor, con maior prosperidade e benestar, defendendo a sanidade pública, as residencias públicas de maiores e o estado do benestar, para facer unha reconstrución na que ninguén quede atrás”. Para iso, “o meu compromiso político e persoal coa universidade pública galega e co investimento en I+D+i”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57