Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero propón a Feijóo un “gran acordo de país para un sistema de vacinación eficiente, eficaz e o máis áxil posible”

O líder do PSdeG alerta de que cos últimos datos Galicia está á cola de España na administración de vacinas, con máis de 200.000 doses “nas neveiras do Sergas”, e advirte problemas de organización nas vacinacións grupais

A alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp reclama á Xunta aumentar o financiamento do servizo de axuda no fogar e formula as demandas do concello como o parque do Pasatempo

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe a Feijóo que desbloquee “un gran acordo de país para conseguir un sistema de vacinación eficiente, eficaz e o máis áxil posible”. Así o dixo durante unha visita a Betanzos e a bisbarra de Ferrolterra xunto coa alcaldesa e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, quen reclamou á Xunta que aumente os fondos que destina ao servizo de axuda no fogar.

O líder dos socialistas galegos alertou da necesidade de reforzar o proceso de vacinación “con persoal” para garantir que as vacinas dispoñibles “sexan administradas inmediatamente”. “Os datos de onte evidencian que Galicia está a cola de España por número de vacinas usadas en relación ás recibidas”, recalcou, crítico con que “nas neveiras do Sergas” haxa hoxe “máis de 200.000 doses sen utilizar”.

A eses datos sumou o balance do primeiro trimestre do ano, que reflicte que en Galicia non se utilizaron unha cuarta parte das vacinas dispoñibles e que a inmunización dos maiores de 80 anos está á cola de España, xa que só o 31% dos octoxenarios de Galicia recibiron as dúas doses.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que Feijóo chegou a dicir que “podía vacinar 100.000 persoas ao día” ou “ter toda Galicia vacinada en seis ou oito semanas”.

“Cómpre mellorar o sistema e axilizar o proceso”, subliñou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que “van chegar centos de milleiros de vacinas” a partir deste mes de abril. Ademais, advertiu de que “non se poden seguir dando as imaxes que vimos onte, con longuísimas colas e certo caos na organización” nunha convocatoria de vacinación en Santiago.

En paralelo, Gonzalo Caballero valorou como “unha boa noticia” a fin do estado de alarma o próximo mes de maio.

FONDOS PARA O SAF

No que atinxe a Betanzos, o líder dos socialistas galegos respaldou a petición da alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, para que a Xunta empregue parte dos 1.100 millóns de euros adicionais que recibe do Estado este ano para reforzar o servizo de axuda no fogar.

“Non hai mellor forma de responder á crise que poñer os cartos nas mans dos concellos e das familias”, defendeu Gonzalo Caballero.

Dixo que o SAF “debe estar financiado pola administración competente nas políticas sociais, e que a Xunta ademais de poñer as horas, poña os cartos necesarios para dar apoio social aos veciños e veciñas que o necesitan”. Aludiu así á decisión da Xunta de incrementar este servizo pero mantendo o financiamento conxelado, provocando que sexan os concellos os que asuman o sobrecuste.

Pola súa banda, a alcaldesa de Betanzos reclamou que “tanto a Xunta como o Estado aumenten as aportacións para un servizo esencial para unha poboación moi vulnerable que ve como a súa situación empeora”. Advertiu que a situación “nos está a afogar aos concellos” galegos.

BETANZOS

Barral solicitou ademais ao presidente da Xunta que cumpra co compromiso de implicar á Xunta na reforma do Parque do Pasatempo.

Explicou que actualmente acaba de entrar en vigor o orzamento de Betanzos, co que licitarán a primeira fase, asumida entre a Deputación e a administración local, pero están xa “preparando a segunda fase e agardando que a Xunta se involucre cun parque único para Galicia”.

“A Xunta ten que cumprir os seus compromisos con Betanzos e co parque do Pasatempo”, remarcou o secretario xeral e amosou o respaldo do PSdeG.

CABANAS

A continuación, Gonzalo Caballero mantivo unha xuntanza co alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, e co grupo municipal socialista, cos que tratou as cuestións que a Xunta ten pendente con este concello.

Así, abordaron as necesarias melloras na AC-122 e no centro de saúde, no que ademais se necesita máis persoal estable, ademais da remodelación do centro de maiores de Laraxe e no colexio Eladia Mariño.

COMPROMISO CON FERROLTERRA

Á tarde, o secretario xeral estará co alcalde da Capela, Manuel Meizoso; co voceiro socialista en Narón, José David Pita; e coa tenente de alcalde de Fene, María del Mar Piñeiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41