Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero presenta un proxecto “en positivo” centrado na “cercanía á cidadanía” e en “confrontar co modelo esgotado de Feijóo”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe un proxecto centrado na “cercanía á cidadanía, a confrontación co modelo esgotado de Feijóo e a construción dun proxecto en positivo que atenda ás necesidades dos galegos e das galegas”. O líder socialista reuniu hoxe á Comisión Permanente do partido para debullar a estratexia política de cara aos próximos meses.

Caballero sinalou que os socialistas galegos teñen a día de hoxe “toda a intensidade política activada para afrontar calquera escenario político electoral en España e Galicia” nos vindeiros meses. O obxectivo, explicou, é dispoñer dunha “alternativa en marcha para conectar coa maioría das galegas e dos galegos e motivar e activar ao electorado progresista fronte a calquera escenario electoral”.

Anunciou un “traballo a pé de país” nunha “campaña de proximidade e cercanía coa cidadanía galega”, para facerlle chegar un “proxecto en positivo” fronte a unha dereita representada por Feijóo que “esmorece, cun proxecto esgotado”. Criticou a estratexia dos conservadores, centrados en “ancorarse ao poder institucional da Xunta para resistir os novos tempos políticos dunha cidadanía que xa lle deu as costas”.

Un PP, dixo, que padece en Galicia tamén as consecuencias dun proxecto “roto” en España, e que responde coa “complicidade” de Feijóo á viraxe de Casado á “dereita máis rancia que incomoda aos seus electores”. Por iso o presidente da Xunta “utiliza o cinismo para dicir unha cousa distinta cada vez: un día aplaude os pactos con Vox e outro quere buscar o centro moderado”.

Sinalou que o propio Feijóo é “consciente de que o PP ten moitos problemas”, como demostra a designación de Álvarez de Toledo como portavoz, co que “o PP abandona a moderación e deixa ao PSOE o centro e a esquerda política, da moderación e do progreso”.

Alcoa

O líder dos socialistas galegos aplaudiu hoxe o anuncio do acordo coñecido onte entre Parter e Alcoa, que permitirá que os traballadores das plantas de A Coruña e Avilés manteñan os seus empregos logo dunha etapa “moi complexa”. Gonzalo Caballero sinalou que tanto o goberno de España como o PSOE estiveran “a carón dos traballadores da planta” para buscar unha saída á crise que deixara o PP.

Esixiulle neste sentido ao presidente da Xunta “unha desculpa aos traballadores de Alcoa e a tódolos galegos e galegas” por renunciar a cooperar para buscar unha saída “por unha estratexia de confrontación”. Sinalou tamén as declaracións “gravísimas” do conselleiro de industria, que “en vez de alegrarse e amosarse satisfeito, prefire poñer paus nas rodas do avance e da solución”.

Acusou ao presidente da Xunta de presentarse como “agoreiro do desastre” dende que se coñeceu o peche da planta en outubro, en lugar de “traballar lealmente para resolver unha crise industrial que deixaron herdada”. Reclamoulle “humildade para pedirlle desculpas aos traballadores de Alcoa polos seus erros e aos galegos e galegas por poñer os seus intereses por riba dos intereses da cidadanía galega”.

Advertiu que “enganou a Galicia” na súa obsesión por “confrontar co goberno sen traballar a favor do país”, que deixa “cunha caída do Índice de Produción Industrial –no mes de maio de 2019- como non houbo en moito tempo”, e sendo a Comunidade Autónoma coa maior caída do IPI de acordo co INE.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06