Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo caballero pide o voto útil dos progresistas na semana decisiva: “Haberá cambio se todos os que votamos ao partido socialista nas xerais e nas municipais imos votar o 12X”

O candidato asegura ante o presidente do goberno que, sempre que sexa necesario, “serei díscolo para defender os intereses dos galegos” porque “Galicia é a miña causa”

Pedro Sánchez pide o voto para Gonzalo Caballero de todos os galegos que apoiaron ao PSOE nas municipais e nas xerais de 2019, para obter “una nueva victoria socialista”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou hoxe ao voto útil da cidadanía progresista na semana decisiva para o cambio en Galicia. “Se todos os que votamos ao Partido Socialista nas xerais e nas municipais votamos ao Partido Socialista o 12 de xullo, haberá cambio en Galicia”, garantiu.

O cambio, destacou Gonzalo Caballero nun mitin con Pedro Sánchez na Coruña, ten como obxectivo “dar futuro” a Galicia, á vista de que os 11 anos de Feijóo deixan ao noso país “con todos os indicadores importantes en peor situación”.

“Nós queremos unha Galicia que dea oportunidades, que aposte polos servizos públicos, unha Galicia feminista, que defenda o seu patrimonio natural e que apoie ao tecido produtivo”, reivindicou, e situou ao PSdeG como referencia dunha política que “non deixa a ninguén atrás”.

“Eu non escondo as siglas porque sei que as receitas do meu partido son o mellor para Galicia”, remarcou Gonzalo Caballero, quen recurriu a un xornal que hoxe o reflicte como un militante “díscolo” do PSOE para afirmar que, sempre que sexa necesario, será “díscolo para defender os intereses dos gallegos”. “Galicia é a miña causa”, proclamou.

Incidiu así en que é “máis necesario que nunca” dar un xiro na Xunta. Porque -argumentou- quen “destruíu 70.000 empregos e recortou os servizos públicos, non pode pilotar a reconstrución”.

“UNHA SAÍDA DA CRISE POLA ESQUERDA”

Así, Gonzalo Caballero defendeu “unha saída desta crise pola esquerda”, de xeito que “ninguén quede atrás”. “Sabemos facelo”, enfatizou Gonzalo Caballero, en liña co goberno de España, cos alcaldes e alcaldesas socialistas que teñen máis da metade dos galegos e cos tres presidentes socialistas das catro deputacións galegas.

Asegurou que un goberno socialista na Xunta creará 2.000 prazas en residencias públicas de maiores, devolverá a gratuidade dos libros de texto, reforzará a rede de escolas infantís, implantará a gratuidade das primeiras matrículas nos graos universitarios e dotará a todos os escolares de ordenador con internet. Ademais, comprometeu que, tralo acordo no Congreso para eliminar a taxa de reposición, axilizarase a convocatoria de 5.000 prazas estables para o Sergas.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero dirixiuse aos alcaldes presentes para preguntarlles “onde están” as residencias públicas de maiores comprometidas por Feijóo nas sete cidades galegas. “Non fixo ningunha!”, incidiu, “só minte e recorta”.

ALCOA

Ademais, Gonzalo Caballero situouse fronte a un PP que “non dá solución” aos problemas de Galicia, como ocorre no caso de Alcoa. Sinalou que fronte á ausencia de política industrial da Xunta, o Ministerio de Industria traballa para buscar solucións: “Feijóo preferiu ser parte do problema e non parte da solución”.

Ao respecto, Pedro Sánchez esixiulle á Xunta e ao PP que “no utilice Alcoa como instrumento electoral” e que deixe ao Ministerio de Economía “trabajar para garantizar la solvencia de Alcoa en Galicia y Asturias”. Así o dixo logo de sinalar que o acordo de onte cos axentes sociais incorpora unha liña ICO de 40.000 millóns de euros para pemes e 10.000 euros que xestionará a SEPI para recapitalizar sectores económicas estratéxicos.

Afeoulle ao PP que onte deixara claro que non ten “ninguna” vontade de “arrimar el hombro”, mentres os socialistas “nos hemos tenido que morder la lengua para mantener la misma actitud en el gobierno y en la oposición, que es trabajar, remar y arrimar el hombro gobernara quien gobernara”.

“PARTICIPACIÓN PARA UNA NUEVA VICTORIA SOCIALISTA”

A maiores, na súa intervención, o presidente do Goberno apuntou que “podemos optar por dos caminos para hacer frente a esta crisis corta pero dura”, que son “el de los que han gobernado 33 años, el sálvese quien pueda del PP, o la respuesta social para que nadie quede atrás” que representa Gonzalo Caballero.

Do mesmo xeito que Gonzalo Caballero, Pedro Sánchez chamou á “participación” como clave para “una nueva victoria socialista en Galicia” trala das xerais e das municipais. “Necesitamos gobiernos progresistas que den una respuesta social a la crisis que tenemos por delante”, remarcou, fronte a un PP que “no hizo nada” en máis de 30 anos.

Sánchez fixo fincapé nas diferenzas entre os socialistas e o PP, tanto no goberno como na oposición, cun Gonzalo Caballero que respondeu a Feijóo con “absoluta lealtad” á Xunta mesmo cando Feijóo dixera descoñecer, o 3 de abril, onde estaban os respiradores que mercara en China. “Ojalá hubiese tenido la mitad de lealtad que tú demostraste”, dixo, para contrastar a resposta do PP, que quixo “utilizar al virus contra el gobierno de España”.

Salientou a “respuesta titánica” da sociedade e do goberno de España, que se esmerou en “cooperar y coordinar el trabajo con las comunidades autónomas”, aprobando 16.000 millóns de euros a fondo perdido cando “el PP daba préstamos, no transferencias”. Mentres Rajoy recortaba 8.000 millóns en sanidade, dixo, o goberno socialista garantía 9.000 para sanidade e outros 2.000 para educación.

“SAÍMOS A GAÑAR”

O encargado de iniciar o acto foi Pablo Arangüena, número un da candidatura socialista pola Coruña, quen incidiu en que “o PP foi unha losa para Galicia” nestes 11 anos.

É o motivo polo chamou a cambiar o goberno da Xunta o vindeiro 12X, porque hai que reverter a perda de emprego e o deterioro dos servizos públicos. “Saímos a gañar, non hai nada decidido”, proclamou o dirixente socialista coruñés.

Pola súa banda, a alcaldesa, Inés Rey, destacou a importancia de ter un goberno socialista en España durante a crise da covid e lamentou que “Feijóo non estivo” á carón da xente, como si fixeron tamén os concellos e deputacións socialistas, porque “estaba na TVG” a cotío.

Precisamente por iso, apelou ao “voto da responsabilidade e da dignidade”, porque nesta crise “non se pode deixar a ninguén atrás” senón que toca traballar para que “todos teñan futuro”. “Tesnos a todos contigo porque vas gobernar con responsabilidade, deixando atrás esa etapa escura da dereita máis dura”, dirixiuse a alcaldesa a Gonzalo Caballero, entre aplausos dos asistentes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13