Categorías: #12XActualidade

Gonzalo Caballero apela en Camariñas ao voto útil dos progresistas para “dar un cambio a Galicia”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, apelou hoxe desde Camariñas ao voto útil dos progresistas o vindeiro día 12 para “dar un cambio a Galicia”. “Esta é unha semana clave”, sinalou.

Haberá cambio, dixo, se “todos os que queren progreso en Galicia” e “todos aqueles que o ano pasado votaron polas forzas progresistas” nas municipais e nas xerais acuden a votar “para facer unha Galicia mellor: con máis emprego e con mellores servizos públicos, sen esquecer o rural e dándolle impulso ás cidades”.

“Só o PSdeG pode darlle a Galicia un goberno en conexión coa maioría de progreso, e fronte ao relato da dereita de que as eleccións están gañadas, a xente quere cambio en Galicia”, remarcou Gonzalo Caballero.

“Fronte á desmobilización e á inacción que quere o PP, nós temos ganas, ilusión, forza, mobilización e dinamismo porque somos o cambio posible e con garantías para Galicia”, enfatizou, antes de engadir que “non pode quedar na casa un só voto progresista”.

Sobre todo, como dixo, porque esa papeleta sirve para impulsar “un proxecto de futuro social que abra 2.000 prazas de maiores en residencias públicas e que convoque 5.000 prazas estables para profesionais sanitarias”.

Un proxecto, apostilou, “que aposte polas políticas sociais, de igualdade e de protección e que pase páxina de 11 anos sen política industrial nos que Galicia perdeu 70.000 postos de traballo”.

Ademais, Gonzalo Caballero agradeceu “o ben que me recibides sempre en Camariñas, estou como na casa” e o traballo posto en marcha por mulleres referentes do socialismo como Sandra Ínsua, ademais da labor dos alcaldes anteriores, como Pichurri e Bautista Santos. E garantiu que “cumprirei con Camariñas e coa Costa da Morte” cando sexa presidente.

“VAS SER PRESIDENTE”

Pola súa banda, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, abriu o acto asegurando a Gonzalo Caballero que “vas ser o próximo presidente da Xunta” e puxo en valor que servirá para que a vila estea “presente”.

Ademais, como dixo, porque as autonómicas serán as primeiras eleccións que se celebren despois da chegada do virus, un tempo durante o cal Feijóo abandonou aos concellos e á cidadanía. “Hai que votar polos que pensan na xente”, remarcou.

Tamén Encarna Liñeiro, integrante da candidatura socialista pola provincia e da dirección do PSdeG, subliñou que “Camariñas necesita un presidente que sepa onde está a Costa da Morte”.

Finalmente, tomou a palabra Diego Taibo, deputado no Congreso, quen puxo en valor as medidas tomadas polo goberno presidido por Pedro Sánchez “para protexer á xente”. “Pero Feijóo non fixo nada”, resumiu, antes de pedir o voto para o PSdeG o día 12 para ter tamén na Xunta un presidente que pense nos galegos e nas galegas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18