Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide o apoio para un goberno socialista que “fortaleza a sanidade universal pública e gratuíta” fronte á “precarización e os recortes do PP”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, pediu hoxe en Santiago o apoio para o proxecto de goberno do PSdeG, centrado en “fortalecer o benestar e a nosa sanidade pública, universal, gratuíta, de calidade e de proximidade”. Así o dixo en sendos actos en Santiago e Lugo, nos que participou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, na súa primeira intervención fóra de Madrid dende o remate do Estado de Alarma.

O responsable socialista reivindicou unha sanidade pública que demostrou que “ademais de ser un dereito para os cidadáns é a garantía para protexernos todos fronte aos riscos dunha pandemia” como a covid. “E queremos presidir Galicia para fortalecer o sistema sanitario público en sintonía cun goberno progresista en España”, remarcou.

Caballero desgranou o seu proxecto de sanidade para o próximo goberno da Xunta, que inclúe a convocatoria de 5.000 prazas estables para profesionais sanitarios, ademais da aposta por unha carteira de servizos mínimos para os hospitais comarcais. Ademais, apostou polo fortalecemento da Atención Primaria, “onde máis recortou a dereita”, incrementando os contratos estables e o investimento público.

O candidato socialista apoiou os seus argumentos na xestión do goberno galego presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, que entre 2005 e 2009 incrementou nun 34% o investimento en sanidade, atallando o déficit de 400 millóns de euros que deixara o goberno do PP presidido por Manuel Fraga.

Dende a chegada de novo do PP á Xunta, dixo, en 11 anos recortaron o investimento na sanidade pública en 2.000 millóns de euros, reduciron 500 das camas que había dispoñibles nos hospitais públicos de Galicia “e aínda varios centos máis nos privados”, impoñendo ademais fórmulas de precarización do emprego co conseguinte deterioro da calidade asistencial. A isto sumou a redución de servizos nos hospitais comarcais, como nos casos de Lemos e A Mariña na provincia de Lugo, ou o xa tristemente famoso paridoiro de Verín.

Tivo que chegar un goberno socialista ao goberno de España, evidenciou Gonzalo Caballero, para demostrar de novo “como sabemos defender a sanidade pública dende o PSOE”. Por iso reivindicou un proxecto que teña como prioridade “defender a sanidade pública en Galicia en coordinación co goberno de España para “saír desta crise pola esquerda”.

“Non é o mesmo cando goberna a esquerda que a dereita”, remachou, contrastando “os que defendemos a sanidade universal, pública e gratuíta e aqueles que cren que o mercado vale para todo e a súa receita para a sanidade pública son os recortes e as privatizacións”.

MANTEMENTO DO EMPLEO EN ALCOA

En paralelo, garantiu “unha política industrial seria” encamiñada ao mantemento do emprego en Alcoa. Para empezar, dixo, o goberno socialista na Xunta non liquidará o ERE nos 30 días que pretende a empresa.

“Quero presidir Galicia para darlle unha folla de ruta no industrial e no económico”, engadiu, e garantiu “traballo serio e con rigor en alianza con traballadores para dicir alto e claro que “Alcoa non se pecha”.

“Se Alcoa quere dar un paso atrás, terá ao goberno socialista na Xunta enfrente esixíndolle toda a responsabilidade”, remarcou Gonzalo Caballero, en alusión á devolución das axudas e o cumprimento dos requerimentos medioambientais. “Non permitiremos que convirta á planta de San Cibrao nun deserto industrial”, asegurou, partidario de contemplar “todas as accións legal e economicamente viables” para evitar que paren as cubas.

É por iso que, como anunciou, na súa primeira semana como presidente da Xunta pedirá unha xuntanza co presidente do goberno para analizar a situación de Alcoa San Cibrao e as accións conxuntas a emprender.

“GARANTÍA”

Caballero agradeceulle hoxe ao ministro de Sanidade a xestión da pandemia, cun Estado de Alarma e un confinamento que tivo que ser prorrogado como “garantía para protexernos fronte ao virus”. Así o dixo logo de que a OMS salientara, onte, o traballo do goberno de España xunto cunha cidadanía que se tivo que confinar par frear os contaxios; e fronte á actitude de partidos como o PP, que rexeitaron arrimar o hombro.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, salientou a eficacia dun “confinamiento duro y estricto que permitió una desescalada rápida y segura” xestionada en base á cogobernanza coas comunidades autónomas e que impediu unha maior expansión tamén en Galicia. Neste punto, fixo un chamamento á prudencia ata o momento que se acade unha vacina.

“IDEAS CLARAS Y ENERGÍA RENOVADA”

Illa pediu o apoio ao proxecto que representa Gonzalo Caballero, para que “entren a gobernar personas con ideas claras y energía renovada” e que permitan “un nuevo rumbo de la mano de los socialistas para traer prosperidad y afrontar los problemas reales”. Amosou o seu apoio “explícito, claro y rotundo a Gonzalo Caballero y a la candidatura socialista” o próximo 12X. “Porque Galicia necesita un cambio, el cambio que Gonzalo representa”, defendeu, e chamou a traballar para “hacerlo posible”.

O ministro asegurou que só un goberno presidido por Gonzalo Caballero permitirá unha saída da crise tal e como a está a xestionar o goberno de España, “con un gran esfuerzo para que nadie quede atrás”, a diferenza, sinalou, da crise económica de hai dez anos.

Salvador Illa subliñou que a resposta á maior crise sanitaria en 100 anos, que supuxo unha crise económica e social, foi “una movilización sin precedentes de recursos para que no hubiera desahucios, para garantizar los ERTE, los créditos ICO para las empresas o el Ingreso Mínimo Vital, para ayudar a dos millones de personas en toda España”. Esta axuda “sin precedentes”, dixo, permitiu axudar ata a seis millóns de persoas no momento máis alto das axudas do Estado, o que supón “el 35% de la población activa”.

“GOBERNAMOS DE FORMA MOI DISTINTA”

A encargada de abrir o acto de Lugo foi Lara Méndez, a alcaldesa, quen se comprometeu a “traballar arreo” para que Gonzalo Caballero e o cambio que chegará da súa man sexa unha realidade a partires do 12 de xullo.

Pola súa banda, o lucense Luis Álvarez, número dous da candidatura socialista pola provincia, puxo en valor o traballo do goberno de España para facer fronte á pandemia e afeou a Feijóo a súa “deslealdade” e a súa “irresponsabilidade” durante todo este tempo.

Así mesmo, a cabeza de lista do PSOE por Lugo, Patricia Otero, destacou “o gran servizo ao país” feito polo ministro Illa “para salvar miles de vidas” e todo iso “sen estridencias, con sobriedade”. “A aposta deste goberno pola sanidade pública é a mellor mostra de que gobernamos de forma moi distinta ao PP”, remachou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06