Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide a Feijóo “que non se extralimite” novamente nas súas competencias: “Non pode tentar converter o certificado covid nun pasaporte para Europa porque non ten base xurídica”

O secretario xeral alerta xunto co alcalde de Valdoviño, Alberto González, sobre as “dificultades financeiras” que está a supor o SAF para os concellos e esixe á Xunta que “financie as horas”, xa que é a súa competencia

O dirixente socialista respalda a “magnífica xestión” do alcalde de Valdoviño e urxe á Xunta melloras no municipio en materia sanitaria, educativa e social

O líder do PSdeG visita a feira do libro de Ferrol, a única que abriu en Galicia, xunto co alcalde, Ángel Mato, e chama á Xunta a “apoiar á cultura galega”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou esta mañá Valdoviño xunto ao seu alcalde, Alberto González, para abordar as necesidades e problemáticas do municipio.

Dende alí, abordou tamén o certificado covid anunciado pola Xunta, para subliñar que o goberno galego “pode emitir un certificado de vacinación para as persoas que xa recibiron as dúas doses” pero advertiu de que “non pode tentar, de xeito unilateral, que ese certificado sirva para que as persoas se movan por Europa”. “As institucións europeas e estatais están preparando o escenario xurídico para poder conseguir un pasaporte covid que permita a mobilidade”, sinalou o líder do PSdeG.

Ao fío disto, pediu á Xunta “que non se extralimite” novamente das súas competencias, tendo en conta que o goberno galego “xa pegou un tropezón cunha lei de saúde que vulnera os dereitos fundamentais” e dado que “non pode tentar converter o certificado covid nun pasaporte para Europea porque non existe base xurídica nin legal”.

“Máis cogobernanza e colaboración, e menos propaganda e tensión na opinión pública”, xa que “non soluciona nada”, sentenciou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, quen instou a Feijóo a “colaborar” no Consello Interterritorial e co goberno de España “para poder orientar o pasaporte de mobilidade con dimensión española e Europea”.

FINANCIACIÓN PARA O SAF

“O goberno da Xunta, que ten competencias en política social, dedica horas ao SAF pero non as financia, o que acaba obrigando aos concellos a asignar grandes cantidades de fondos a esta cuestión que non poden dedicar a outras prioridades” sobre as que teñen competencias, lamentou o líder das e dos socialistas galegos.

Así, ante as “dificultades orzamentarias” que está a supor para os municipios ter que financiar este servizo, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a que “ademais de dar máis horas, as financie” cando ten as competencias en materia de política social.

COMPROMISO CON VALDOVIÑO

No que atinxe ao concello de Valdoviño, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos respaldou as demandas en materia sanitaria que está a facer o municipio ao solicitar un fortalecemento da atención primaria. Por iso, instou á Xunta a poñer en funcionamento o centro de saúde en horario de tarde e a ofrecer o servizo de matrona a diario.

No eido da educación, o líder do PSdeG instou ao goberno galego a incrementar a capacidade dos centros educativos do municipio e a abrir un instituto de educación superior. Ademais, pediu “potenciar instalacións sociocomunitarias e tamén na área deportiva” para que a veciñanza de Valdoviño poida “practicar deporte nas mellores condicións”.

Finalmente, Caballero puxo en valor a “magnífica xestión” do alcalde, Alberto González, e do seu equipo de goberno, quen “ao longo destes meses tan complicados teñen dado o mellor de si mesmos para facer unha boa xestión no concello en momentos difíciles pola covid”.

ALBERTO GONZÁLEZ

Pola súa banda, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, agradeceu ao líder do PSdeG a súa visita para coñecer “máis en profundidade” as necesidades da veciñanza “dun concello pequeno e costeiro” en cuestións como política social, educación, sanidade ou costas.

Neste senso, González instou ao goberno galego a “ampliar os fondos da Xunta para o SAF”: hai que dotalo de financiación, de xeito que isto permita aos concellos “abordar outras actuacións” que son da súa propia competencia.

VISITA A FEIRA DO LIBRO DE FERROL

A continuación, Gonzalo Caballero desprazouse ata Ferrol para, en compañía do alcalde, Ángel Mato, visitar a Feira do Libro, a única que abriu as súas portas hoxe en Galicia.

Así é que felicitou ao alcalde e a todo o goberno local pola iniciativa e pola organización do evento nas condicións requiridas a causa da pandemia.

Ao fío disto, o máximo dirixente do PSdeG requiriu á Xunta que “apoie ao sector cultural galego e, especificamente, ao sector do libro” dadas as dificultades que están atravesando nestes tempos de covid.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00