Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez alerta da baixa execución orzamentaria da estratexia de internacionalización de empresas do Igape

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, alertou hoxe da baixa execución orzamentaria do programa de apoio á internacionalización e modernización de empresas encetado polo Instituto Galego de Promoción Económica –Igape-. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión na que alertou do fracaso dos programas de internacionalización do organismo.

Rodríguez Rumbo sinalou que nos últimos cinco anos o goberno galego deixou sen executar 256 millóns de euros dispoñibles no programa de apoio á internacionalizacióne  modernización de empresas do Igape, o que supón o 43 por cento do se crédito inicial orzamentado. Advirte de que “esa falla de execución e, polo tanto, de posta a dispor de recursos no tecido produtivo, ten contribuído a que non exista en Galicia un sistema robusto, capaz de afrontar con maior facilidade situacións de crise, como a que estamos a vivir”.

En concreto apuntou ao fracaso dos programas de internacionalización desenvolvidos polo Igape dentro do Plan Estratéxico de Galicia 2015 – 2020, que fracasou en tódolos seus obxectivos en Galicia, onde a incorporación de empresas á exportación tivo en Galicia “a metade de intensidade que no conxunto de España” entre 2009 e 2019. Ademais, Galicia perdeu o 1,6 por cento de empresas exportadoras en 2019, mentres no conxunto do Estado aumentaron un 2,6 por cento.

A parlamentaria socialista, que empregou os datos de 2019 para deixar á marxe o impacto económico da pandemia, amosou a súa sorpresa polo triunfalismo amosado polo Igape cando non acadaron “nin de lonxe” os obxectivos marcados. Así, fracasaron no obxectivo de que a participación das exportación acadara o 40 por cento do PIB, quedando no 34,79 por cento, e tampouco acadaron o incremento de empresas exportadoras ata as 8.000, ficando en 7.132.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38