Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “O PSOE é o voto útil para o progreso e o avance fronte á ameaza da ultradereita”

O secretario xeral constata que o PP “ten o retroceso electoral máis profundo da súa historia” e que “a nova maioría” das forzas progresistas porá fin “á etapa de Feijóo” en Galicia

Santiago, 24 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este domingo en Santiago na presentación das candidaturas socialistas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias galegas e aproveitou para sinalar que “o PSOE é o voto útil para o progreso e o avance fronte á ameaza da dereita que abrazou á ultradereita”.

Neste arranque da precampaña cara as eleccións xerais, o líder dos socialistas galegos puxo o foco en que esta é unha cita “de máxima importancia”, na medida en que está en xogo permitir que siga “o modelo de progreso, de avance e de prioridade social” que encabeza Pedro Sánchez ou optar por “o regreso ao pasado”.

De feito, Gonzalo Caballero destacou como, en oito meses, o goberno socialista permitiu que “a recuperación económica chegue a todos”, a través de medidas como a suba do SMI, das pensións e dos salarios dos empregados públicos, os plans de emprego e de retorno dos mozos, a universalización da sanidade ou os plans de apoio e protección para os autónomos e os maiores de 52 anos no desempleo.

Fronte a isto, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que a dereita “presenta tres papeletas” que se resumen en “retroceso” e “regreso ao pasado” e que implican “decisións moi negativas para a maioría”. “É unha ameaza para os dereitos da maioría”, recalcou.

Con estas cuestións en mente, Gonzalo Caballero avanzou unha campaña “con toda a forza, todo o impulso e toda a ilusión” e “chea de argumentos” para saír a convencer á cidadanía e afianzar, tamén en Galicia, “unha maioría sólida, ampla e suficiente para que Pedro Sánchez siga sendo presidente do goberno para a maioría”. “Este proxecto ten que seguir adiante”, destacou.

“O PSOE AVANZA”

En canto ás enquisas que se van coñecendo, o secretario xeral constatou que o PP “ten o retroceso electoral máis profundo da súa historia” e que en Galicia, como en toda España, “o PSOE é a única forza das existentes actualmente que vai avanzar en votos e en escanos”.

Iso si, tras advertir de que os sondeos reflicten “un incremento de Vox e de Ciudadanos mentres o PP afúndese”, Gonzalo Caballero saudou o ciclo que se abre coa “nova maioría” que representan as forzas progresistas nesta comunidade. “Permitirá poñer fin á etapa de Feijóo”, concluíu.

Finalmente, á vista de que Pablo Casado estivo esta mañá en Vigo xunto con Feijóo, o líder socialista aproveitou para preguntarlles “por que se abrazan a ultradereita”. “Por que prefiren abrazar á ultradereita e abandonar ao electorado moderado, en vez de ser leais co modelo constitucional?”, inquiriu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18