Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero censura que Feijóo tente “enganar” ao falar de Alcoa tras “sete anos” sen dicir “nada” a Rajoy das electrointensivas

O secretario xeral lamenta que Feijóo só busque “incendiar” o debate “en clave electoral” porque “sabe que as contas non lle dan” e que o PP quedará “ferido de morte” nas urnas

Arteixo, 23 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou este sábado a actitude de Feijóo no relativo ao estatuto para as empresas electrointensivas impulsado polo goberno socialista despois de non ter feito “nada” nos seus dez anos na Xunta e dos sete anos de Rajoy na Moncloa.

“Feijóo laminou calquera posibilidade de política industrial activa”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, quen puntuou cun “cero rotundo” a política da Xunta neste eido pola súa “inactividade, falla de compromiso e falla de capacidade para pular polas industrias galegas”.

En concreto, no que atinxe a Alcoa e ás empresas que teñen na enerxía o maior dos seus custes, Gonzalo Caballero recordou como Feijóo, “mentres gobernaba Rajoy, miraba cara outro lado e nin abría a boca” na súa defensa. Agora, en cambio, proseguiu, “Feijóo está planteando unha política de confrontación e de confusión que os galegos non merecemos”.

É por iso que o líder dos socialistas galegos considerou que “o cinismo de Feijóo en política industrial é patente”, por utilizar a “maledicencia” contra o goberno de Pedro Sánchez, que está tomando medidas para “arranxar as dificultades derivadas da falla de xestión do PP no goberno”.

Por todo iso, Gonzalo Caballero concluíu que Feijóo “non ten lexitimidade” e lamentou que prefira “incendiar” o debate no canto de “colaborar” ou “aportar solucións” no relativo ao futuro de Alcoa, un conflito no que “non buscou nin un só mecanismo de avance” e no que Feijóo “púxose de perfil”.

“Feijóo só quere incendiar o tema, en clave electoral, porque sabe que as contas non lle dan e que o retroceso do PP nas eleccións vai deixar a súa etapa na Xunta ferida politicamente de morte”, finalizou o secretario xeral do PSdeG, quen puxo en valor que o estatuto para as empresas electrointensivas inclúe medidas de apoio enfocadas a que estas industrias poidan encarar o futuro.

AVANCES DO GOBERNO SOCIALISTA

Ao fío disto, Gonzalo Caballero salientou que os avances no estatuto para os consumidores electrointensivos permite un tratamento diferencial para as industrias nas que o custe da electricidade representa unha porcentaxe moi elevada dentro dos seus custes de produción.

“Mentres gobernaba Rajoy, Feijóo aplaudía que non houbese medidas de apoio para as industrias electrointensivas, e é o goberno socialista o que traballa para buscar medidas xurídicas e económicas que lle dean viabilidade dentro dos límites da normativa europea”, incidiu o secretario xeral.

En canto a ese estatuto, que perfila un marco xurídico e económico para potenciar a competitividade das industrias e o mantemento do emprego, inclúe mecanismos de apoio e compromisos que permitan o avance cara a eficiencia enerxética e a sostibilidade. “Feijóo debería poñerse a contribuír en vez de actuar deslealmente en base a falacias e confusións”, apuntou o líder socialista.

“UNHA CANDIDATURA DE FUTURO EN ARTEIXO”

En paralelo, no acto de presentación de Martín Seco como candidato á alcaldía de Arteixo, Gonzalo Caballero destacou que lidera “unha candidatura de futuro, de progreso e de avance” para “un concello importante que necesita pasar páxina” da súa etapa coa dereita á fronte.

“Arteixo necesita un novo tempo político para a construción dun modelo pensado para a cidadanía e para que os intereses do concello estean por riba dos particulares de outros”, engadiu o dirixente socialista, quen puxo o foco en que Martín Seco encabeza unha lista “revitalizada” e formada por persoas “moi comprometidas co seu concello”.

Por iso, finalizou, ao igual que no resto dos concellos de Galicia, os socialistas “faremos unha campaña para a xente”, baseada en “argumentos, ideas e razóns que motivan o voto ao Partido Socialista”. “Porque somos a referencia en política local; temos os mellores alcaldes e alcaldesas”, destacou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18