Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Gonzalo Caballero levará ao Debate do estado da Autonomía un conxunto de propostas “cos temas que preocupan á cidadanía” para configurar “unha estratexia de país da que carece a Xunta”

Pablo Arangüena expresa a máxima vontade de diálogo e consenso do PSdeG fronte ao rodillo e a dereitización do PP

O voceiro do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, levará ao próximo Debate do estado de AutonomÍa “un conxunto de propostas cos temas que preocupan á cidadanía” co obxectivo de impulsar a configuración dunha “estratexia de país “da que carece a Xunta”. Así o explicou o vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces que se reuniu hoxe para decidir a ordenación do debate sobre política xeral.

Entre os principais problemas aos que a Xunta non é quen de dar resposta, Pablo Arangüena referenciou, por exemplo, “o déficit en política social”, nun escenario no que “hoxe saen datos que amosan que Galicia é a segunda comunidade con menor gasto en dependencia”. Tamén enumerou “o colapso progresivo da sanidade, con listas de espera en atención primaria por primeira vez ou o incremento dos prazos de agarda para entrar en quirófano ou ser atendido por un especialista”.

Mención aparte mereceu para o vicevoceiro socialista “a falla de política industrial da Xunta nos últimos doce anos”. “Galicia”, advertiu, “está nunha situación de crise con empresas que pechan e o PP non foi capaz de atraer novos investimentos, quitando o auténtico fiasco de Pemex, se é que iso quere  ser vendido como política industrial”.

Ao fío disto, Pablo Arangüena incidiu en que “é necesario un auténtico cambio de paradigma da Xunta, que a Feijoo lle resulta moi complicado”. Por iso, chamou a  “aproveitar a oportunidade histórica que representan os fondos Next Generation, e que non podemos deixar pasar” neste contexto de “ausencia dunha traxectoria de política económica e industrial activa” por parte do goberno galego.

Ligado ao déficit industrial da Xunta, está o problema no desemprego, “que afecta moito á nosa comunidade, singularmente na poboación máis nova”. Tamén lamentou “o problema de natalidade, cos  peores datos de España” ou “a falla de política medioambiental e de ordenación do territorio, máis alá do ecopostureo ao que nos ten afeitos a Xunta”.

A maiores, Pablo Arangüena tamén denunciou “a ausencia case absoluta dunha política de vivenda pública dese 2009 ou a falla de profesorado en tantos centros neste comezo de curso”. En definitiva, un longo catálogo de eivas “nos que a Xunta está moi presente na propaganda, pero ausente na solución dos problemas”.

ACTITUDE “ABERTA E PROPOSITIVA DO PSdeG” FRONTE AO “RODILLO DO PP”

Co obxectivo de acordar esas solucións, Pablo Arangüena reafirmou a “máxima vontade de diálogo e consenso por parte do PSdeG nun tempo marcado pola crise económica e sanitaria na que a cidadanía reclama entendemento”. Esa é a actitude  “aberta e propositiva” coa que “imos afrontar este debate”, proclamou.

En calquera caso, o vicevoceiro socialista alertou de que “hai certas dificultades para ese talante dialogante que nos consideramos que é tan necesario”. Así, lembrou que “o PP está afeito a exercer un rodillo parlamentario que o leva a confundir  habitualmente o diálogo cun trágala”. Como exemplo, remarcou que “a enorme maioría das propostas presentadas polo PSdeG na comisión de reactivación foron rexeitadas por ese rodillo parlamentario do PP”.

En paralelo, amosou a súa preocupación pola “cada vez maior dereitización do PP”, que implica “un nivel de radicalidade impropio do que debería ser un centro-dereita civilizado” e máis próximo a “una competición con VOX a ver quen é máis duro”.

Pablo Arangüena sinalou que esta circunstancia ten reflexo en Galicia “porque Vox está dentro do PP no que nós chamamos a sección VOX do PP”, algo que “é moito máis que un chascarrillo”. Trátase, concluíu, “dunha realidade e dunha estratexia premeditada  para contentar ao electorado máis á dereita do PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57