Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero subliña que “Feijóo debe unha desculpa a Galicia” pola súa estratexia de “fake news”: “O AVE chegará a Galicia este ano”

O secretario xeral do PSdeG anuncia “un proxecto alternativo con propostas e respostas” para o Debate do estado da Autonomía “fronte á inacción, o desleixo e a falla de medidas do PP en Galicia”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, subliñou hoxe que Feijóo “débelle unha desculpa a Galicia pola súa estratexia de desinformación, de fake news e de negar de forma permanente que as obras do AVE ían rematar este ano”.

“As obras do AVE”, lembrou o líder socialista, “rematan este ano e os feitos desmenten ao PP e a un Feijóo que durante tanto tempo recortaron os investimentos nesa obra fundamental e permitiron o retraso na súa chegada a Galicia”.

Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG puxo de relevo que “o goberno de España tivo un claro compromiso coas obras do AVE a Galicia, tal e como lle pedín ao ministro Ábalos”. Así foi, remarcou, que as obras “non se retrasaron nin un só segundo pola responsabilidade do goberno presidido por Pedro Sánchez, que puxo todos os investimentos e medidas para que as obras avanzasen”.  “E o AVE chegará a Galicia este ano”, resaltou.

Neste contexto, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “a medida que pasa o tempo imos desfacendo as grandes mentiras de Feijóo en ámbitos como o das infraestruturas”. Non só na chegada do AVE, senón tamén na rebaixa das peaxes da AP-9, que se empezaron a aplicar este ano mentres Feijóo calou ante unha ampliación da concesión da autoestrada que a UE di que “é ilegal”.

DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA

En paralelo, Gonzalo Caballero anunciou unha “alternativa coherente, consistente, clara e rotunda fronte ás políticas de retroceso e de recortes que aplica Feijóo en Galicia”.

“Un Feijóo máis centrado en ser un apéndice dun PP que camiña cara a ultradereita en vez de ser un presidente cun proxecto estretéxico para impulsar, dinamizar e modernizar a economía galega”, criticou.

Con ese obxectivo vai acudir o PSdeG ao Debate do Estado da Autonomía, no que se vai suscitar “un proxecto alternativo de esquerdas, de progreso, galeguista e con propostas e respostas fronte á inacción, o desleixo e a falla de medidas do PP en Galicia”.

Gonzalo Caballero indicou que, “ao longo deste primeiro ano de lexislatura, o balance de Feijóo foi negativo, de ausencia, de inacción e de falla de propostas”.

Fronte a ese “desastre continuo da política do titular que non se concreta”, Gonzalo Caballero explicou que “temos que conseguir que en Galicia marquemos un novo tempo político” e que o goberno do PP “defenda a sanidade pública, a educación, o benestar e teña un proxecto para reactivar e modernizar a economía xerando emprego”.

Gonzalo Caballero incidiu en que “é hora de poñer o debate político de Galicia no centro de atención da cidadanía, porque nos xogamos a Galicia do futuro”. Por iso “en política social, en infraestruturas, en política ambiental ou en emprego imos levar un proxecto alternativo de progreso fronte á inacción e a falla de estratexia e ambición do PP”.

“TRAVESÍA CARA A EXTREMA DEREITA DO PP”

Ademais, Gonzalo Caballero amosou a súa preocupación pola “travesía cara á extrema dereita do Partido Popular”.

Tras a convención do PP celebrada esta fin de semana, o líder socialista alertou “dun rearme ideolóxico dos populares cara unha posición máis conservadora, de dereitas e de conflito co goberno de España, asimilándose nas súas declaracións e feitos ás posicións políticas de Vox”.

Neste escenario, Gonzalo Caballero criticou que “Feijóo prefire facer a política do avestruz en vez de dicir que o PP e el mesmo están nunha situación cada vez máis próxima á ultradereita”. “Buscan o conflito co goberno de España por enriba de calquera outro tipo de cuestión”, reprobou.

Neste punto, afeou a Feijóo que estea “máis centrado en ser un aliado de Casado, de Ayuso e do PP máis rancio” en vez de “dar respostas aos galegos e ás galegas”.

Por iso, reclamoulle ao presidente da Xunta “que deixe o postureo de dicir que quere cambiar o goberno de España dende posicións moderadas cando no fondo mantén una alianza en todos os feitos coa dereita máis extrema do PP”. Asemade, o líder socialista anunciou a súa firme decisión de “confrontar con esa dereita que camiña cara a ultradereita e na que Feijoo é parte do paquete”. Fronte a ese modelo, incidiu Gonzalo Caballero, “é o momento de falar de ideas, de valores, de referendar a necesidade de manter un goberno progresista para permitir que España avance e impedir que retroceda”.

Nesta liña, reiterou a súa preocupación por “ver ao PP abrazado a Vox, marcando unha estratexia de tensión e derrube contra o goberno de España e sen pensar que temos por diante a reactivación do país e a necesidade de impulsar políticas que protexan á xente”.

Con ese obxectivo, Gonzalo Caballero subliñou “o importante que é ter un goberno progresista en España para defender á cidadanía” e para “investir en servizos públicos, modernizar a economía ou defender as liberdades e os dereitos das minorías e daqueles que están nunha situación máis vulnerable”. Por contra, advertiu de que “cando o PP sigue opoñéndose a que na sanidade pública se fagan abortos, ameazando a Lei da eutanasia ou facendo un discurso de intolerancia e de confrontación ideolóxica a carón da ultradereita, está claro non é a opción que pode favorecer ao noso país”.

Por iso, indicou que “é hora de que nesta reactivación o PP nos diga que quere ser” porque “para poder gobernar o país necesitamos un PP moderado, leal e que saiba construír e que non simplemente xogue a destruír para intentar chegar ao goberno abrazado á ultradereita”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05