Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ironiza con que Feijóo está tan “nervioso” tralo “varapau” electoral que “parece que xa non coñece o funcionamento da Cámara”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, replicou hoxe dende A Coruña a Feijóo, quen esta mesma mañá falaba del na sesión plenaria, e ironizou con que o presidente da Xunta está tan “nervioso” tralo “varapalo” que recibiu nas tres últimas convocatorias electorais que “parece que xa non coñece o funcionamento” do Parlamento.

“Recollerei a miña acta de deputado no mesmo momento no que exista unha vacante”, recordou o líder dos socialistas galegos, quen comprometeu que seguirá “traballando con humildade e coa responsabilidade de saber que somos a primeira forza de Galicia”.

Por iso, fronte a un Feijóo “en fóra de xogo”, Gonzalo Caballero fixo fincapé na importancia de continuar “a pé de país” polas distintas vilas galegas para acadar o respaldo da cidadanía e “abrir un novo tempo político cunha maioría social de progreso” cando se celebren as vindeiras eleccións autonómicas. “Porque o tempo de Feijóo chegou ao seu fin”, concluíu.

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG aludiu á carta enviada polo PPdeG reclamando que goberne a lista máis votada en cada concello para sinalar que “Feijóo perdeu o rumbo”.

Así, Gonzalo Caballero volveu recomendar a Feijóo que dirixa esa misiva “a Pablo Casado” para dicirlle que “ten que deixar gobernar ao gran gañador das eleccións xerais” e tamén aos candidatos socialistas en Madrid ou Andalucía, que foron os máis votados, pese ao cal o PP está a artellar pactos con Ciudadanos e coa ultradereita que encarna Vox.

GOBERNOS DE PROGRESO

Dito isto, o secretario xeral reafirmouse en que os socialistas galegos contribuirán a formar “gobernos de progreso” onde sexa posible e, co foco posto na Deputación de Ourense, sinalou que “nos gustaría abrir un novo tempo político”.

Iso si, Gonzalo Caballero apuntou que os votos socialistas non abondan para facelo, de xeito que explicou que é o propio sistema electoral o que conduce a que goberne a lista máis votada en caso de non existir un acordo maioritario alternativo.

A CORUÑA

No que atinxe á Coruña, o líder do PSdeG sinalou a Inés Rey como “a gran alcaldesa” que a cidade necesita tras protagonizar unha suba de 12 puntos sobre as pasadas eleccións municipais.

A partires de aí, profundou, Inés Rey “terá a habilidade, a capacidade e a lexitimidade para abrir unha gran páxina na historia da cidade”.

Ademais, Gonzalo Caballero referiu “o magnífico resultado” dos socialistas na provincia da Coruña, personalizado no presidente da Deputación e secretario provincial, Valentín González Formoso, alí presente.

Pola súa banda, Inés Rey valorou “o triunfo colectivo” dos socialistas en toda Galicia como “preludio” das vindeiras eleccións autonómicas e destacou que a súa investidura servirá para dar “un cambio”.

Haberá así “un goberno capaz de xestionar e que recuperará o diálogo social e institucional, a estabilidade e o liderado da Coruña”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024