Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro defende no Comité Federal do PSOE un modelo de financiación para Galicia que responda ás necesidades demográficas e territoriais do país

“Parécenos xusto e necesario contar cun modelo que teña en conta as nosas realidades: o envellecemento poboacional, a dispersión da poboación e a necesidade de garantir servizos públicos de calidade para todos os galegos e galegas, vivan onde vivan”, sinalou o líder dos socialistas galegos a súa entrada no Comité Federal do PSOE, en Madrid

 

Besteiro encabezou a delegación das e dos socialistas galegos entre os que se atopaban Carmela Silva, Lara Méndez, Valentín González Formoso, César Mogo, José Tomé, David Regades ou José Manuel Lage, entre outros

 

No Comité Federal celebrado hoxe, os socialistas galegos reafirmaron o seu compromiso coa defensa dun novo modelo de financiamento que teña en conta as particularidades de Galicia e permita un reparto máis xusto dos recursos. Durante a súa intervención, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que este comité é crucial xa que senta as bases para a convocatoria do próximo congreso extraordinario do partido, que será clave para a estratexia de futuro.

 

“Preparámonos para o congreso onde traballaremos para ampliar a nosa base electoral, pero tamén, e moi importante, para abordar un tema prioritario como é o financiamento autonómico. Imos propoñer un modelo mellor para todos, tanto para España como para Galicia, con máis recursos e un reparto máis equitativo”, destacou o líder dos socialistas galegos.

 

Besteiro tamén salientou na súa intervención a importancia da corresponsabilidade fiscal, un aspecto que, dixo, o Partido Popular esquece sistematicamente alí onde goberna. “Cando falamos de corresponsabilidade fiscal, falamos de repartir non só os recursos, senón tamén as responsabilidades, algo que o PP non toma en serio nas comunidades onde goberna. A corresponsabilidade é clave para un sistema de financiamento eficaz e sostible”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.

 

Un dos puntos centrais da súa intervención foi a defensa dun sistema de financiamento singular para Galicia, unha reivindicación que  dende o PSdeG consideran fundamental para abordar as singularidades do noso país. Galicia presenta desafíos específicos como o envellecemento da poboación e a dispersión xeográfica, factores que afectan directamente á xestión de servizos públicos e que esixen un tratamento diferencial na repartición de recursos do Estado.

 

“O concepto de financiamento singular que tanto incomoda a algúns non é unha idea recente, senón unha demanda que os socialistas levamos moito tempo pedindo para Galicia. Parécenos xusto e necesario contar cun modelo que teña en conta as nosas realidades: o envellecemento poboacional, a dispersión da poboación e a necesidade de garantir servizos públicos de calidade para todos os galegos e galegas, vivan onde vivan”, sinalou Besteiro na entrada da sede  do PSOE.

 

O PSdeG defende que este modelo de financiamento singular non é só unha cuestión de xustiza territorial, senón tamén unha ferramenta esencial para o desenvolvemento de Galicia. A necesidade de axustar o financiamento ás necesidades reais das comunidades, atendendo ás súas características específicas, é fundamental para garantir unha xestión eficaz e unha repartición de recursos que permita atender ás demandas sociais e económicas dunha Galicia cada vez máis envellecida e dispersa.

 

Así mesmo, Gómez Besteiro destacou que este é o primeiro Comité Federal que se celebra desde a formación de goberno en Cataluña. Neste sentido, o portavoz lembrou as críticas vertidas pola oposición respecto a a suposta entrega de Cataluña a Puigdemont. “Lembramos cando Feijóo dicía que iamos entregar Cataluña a Puigdemont. Hoxe a realidade dános a razón: logramos formar un goberno que traballa polo interese de todos os cidadáns de España, mantendo a unidade do país e afrontando os desafíos con responsabilidade e diálogo”, afirmou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Lara Méndez: “O arquivo da Operación Pulpo demostra que Feijóo e Rueda a orquestraron para destruír politicamente a Besteiro”

A secretaria de Organización do PSdeG, advirte sobre Elena Candia  que “quen entrega a propósito…

21/06/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle á Xunta que atenda as demandas de solo industrial e melloras nas comunicacións das áreas empresariais

O secretario xeral do PSdeG recolleu en Carballo as necesidades das compañías instaladas no polígono…

20/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria…

19/06/2025
  • Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza o Couto

Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e…

19/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista sinala que o director xeral da CRTVG despídese logo de desbotar unha xeración enteira de xornalistas pola “censura, manipulación informativa e represión interna”

Silvia Longueira denuncia que nos últimos 16 anos “roubóusenos a Galicia a oportunidade de ter…

18/06/2025