O secretario xeral do PSdeG contactou con Ramón Alonso e Julio García-Luengo para interesarse pola evolución do lume, que no municipio ourensán afecta a unha zona do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e no pontevedrés obrigou a desaloxar das súas casas a 25 veciños e veciñas de dous núcleos de poboación
“Agora a prioridade total debe ser deixar traballar ao persoal contraincendios, que ademais enfronta condicións metorolóxicas complexas”, sinalou o líder socialista
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, contactou cos alcaldes de Entrimo e Crecente —como tamén co portavoz socialista neste último concello— para interesarse pola evolución dos lumes forestais que afectan aos seus municipios, ao tempo que se puxo a disposición de ambos.
Besteiro, que está a seguir en todo momento a evolución dos incendios, trasladoulles a solidariedade do PSdeG e avanzoulles a súa intención de visitar os dous concellos unha vez que os servizos de extinción dean por concluído o seu labor. Neste momento, sinalou, “a prioridade total debe ser deixar traballar ao persoal contraincendios, que ademais enfronta condicións meteorolóxicas complexas”.
No caso de Crecente, a proximidade das lapas a núcleos de poboación obrigou a activar de madrugada o nivel 2 de alerta e a evacuar dos seus fogares a 25 veciños e veciñas de San Colmede e Os Reinaldos, a parte dos cales o Concello lles facilitou un aloxamento temporal, mentres que outros se trasladaron a domicilios de familiares, segundo lle detallaron ao secretario xeral socialista tanto o alcalde, Julio García-Luengo, coma o portavoz do PSdeG, Carlos Claro, co que Besteiro está en contacto.
O incendio que afecta a Entrimo iniciouse en Portugal, onde xa calcinou arredor de 1.000 hectáreas. O alcalde, Ramón Alonso, explicou que, tras cruzar a fronteira, o lume arrasou máis de 200 hectáreas no municipio, en terreos do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Lara Méndez puntualiza que a xerencia da Área Sanitaria “non dixo nunca que fora mentira,…
Paloma Castro considera “inadmisible” que a sanidade funcione “a medio gas” nun dos principais destinos…
Patricia Iglesias denuncia a “inacción vergoñenta” do goberno galego, que non fixo “nada de licitación,…
Julio Abalde esíxelle á Consellería de Educación que utilice o novo contrato para “esixir un…
O líder do PSdeG advertiu na súa pregunta ao presidente da Xunta de que “esa…
Paloma Castro considera unha “profanación da historia” e unha “falla de respecto” que o goberno…