Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro, sobre a negativa da Xunta a levar a Autovía da Costa da Morte ata Cee: “Redobraremos a ofensiva para poñer fin a esta discriminación”

O secretario xeral do PSdeG criticou que o PP votase no Parlamento e na Deputación contra a ampliación da infraestrutura, que o Goberno de Touriño deixou proxectada e que Feijoo e Rueda recortaron de 45 a 25 quilómetros mentres disparaban o orzamento un 68 %

 

“Cando se pon a un hooligan como secretario xeral, a política vai ser iso: ultra e propia dun hooligan”, criticou sobre os cambios anunciados na dirección do Partido Popular

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu hoxe en Vimianzo que os e as socialistas van ser firmes na súa demanda de que a Xunta remate a autovía da Costa da Morte. “Redobraremos a nosa ofensiva en todas as institucións para poñer fin a esta discriminación e garantir un trato digno á veciñanza desta comarca”, asegurou o líder socialista ante o que cualificou de respostas “decepcionantes e preocupantes” do PP durante a semana pasada. “Votaron en contra de todas as nosas propostas, tanto no Parlamento como na Deputación da Coruña”, recordou.

 

O tamén portavoz do Grupo Socialista na Cámara autonómica achegouse ao punto no que remata a autovía na compaña da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a de Cee, Margarita Lamela; o de Dumbría, Raúl González, a de Camariñas, Sandra Insua, o de Carnota, Juan Manuel Saborido, e os portavoces do PSdeG nos concellos de Muxía, Iago Toba, e Zas, Sheila Rial. Tamén se achegaron a deputada Patricia Iglesias e o secretario de Acción Territorial do PSdeG, Aitor Bouza. Alí, xunto a todos eles, reclamou unha infraestrutura viaria “completa e sen peaxes”, que chegue ata Cee e sexa gratuíta tamén no tramo entre Carballo e A Coruña.

 

Besteiro sinalou que a autovía é clave para vertebrar a comarca, garantir a mobilidade e impulsar o seu desenvolvemento. Porén, a cidadanía “leva 17 anos esperando por unha infraestrutura que os socialistas deixamos proxectada cando gobernamos a Xunta, e que o PP recortou”. Nese senso, indicou que a lonxitude do trazado é un 35 % inferior, xa que pasou de 45 a 25 quilómetros, e aínda así o orzamento “disparouse un 68 %” respecto ao proxecto do Goberno de Touriño. “Fixeron menos e custou máis”, insistiu sobre unha xestión que resumiu en “ineficacia e propaganda”.

 

O secretario xeral criticou que desde a Xunta “só houbo anuncios baleiros e promesas incumpridas”, que agora se traducen no proxecto dun tramo de só 5,5 quilómetros, sen dobre vía, sen calendario que nin sequera chega a Berdoias, o que considera “un parche, unha vía de alta capacidade, pero non unha autovía”. O que si valorou é que o “pequeno avance” na extensión da vía foi “grazas á teimosía e ao traballo incansable da alcaldesa de Camariñas”, que leva anos defendendo a infraestrutura fronte ao abandono da Xunta.

 

José Ramón Gómez Besteiro remarcou que o PSdeG continuará reclamando que se levanten as peaxes da AG-55 do mesmo xeito que o PP pide en Madrid para outras infraestruturas. E apuntou que, ao contrario do que fai o Goberno de Rueda, o de Pedro Sánchez aplica bonificacións que acadan o 75 % do prezo das viaxes para os usuarios e usuarias recorrentes da AP-9 e a AP-53. Tamén lembrou que, mentres, a Xunta regaloulles 300 millóns de euros ás concesionarias de autovías que xa eran gratuítas.

 

Cambios na dirección do PP

 

A preguntas dos medios, Besteiro referiuse aos cambios na dirección do Partido Popular que hoxe avanzou Feijoo. “Cando se pon a un hooligan, a un ultra, como secretario xeral, a política vai ser iso: ultra e propia dun hooligan”, dixo sobre a designación de Miguel Tellado como número 2 do PP. “Non será bo para España e, por certo, será contraditorio co que o Partido Popular di defender aquí en Galicia”, afirmou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026