Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta á Xunta a paralizar o ERE de Vestas en Viveiro para acadar fórmulas que manteñan a actividade e o emprego

O líder socialista comprometeu o apoio do PSdeG ás demandas de traballadores e traballadoras tras manter unha reunión co comité de empresa da fábrica e participar na concentración de apoio ao persoal

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “inaceptable” a decisión unilateral da multinacional Vestas de pechar a súa planta de Viveiro. Por iso, o líder socialista reclámalle á Xunta de Galicia que paralice esta mesma semana o  inicio do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego previsto na factoría. Desta maneira, sinalou Gonzalo Caballero, poderase “gañar tempo gañar tempo para poder buscar solucións para unha planta que ten viabilidade e que ten futuro”.

Tras manter tamén unha xuntanza co comité de empresa e participar na concentración de apoio ao cadro de persoal, Gonzalo Caballero anunciou que o Grupo Socialista levará ao próximo pleno do Parlamento unha iniciativa para que o conselleiro de Economía dea respostas sobre cal é perspectiva que ten a Xunta en relación a esta decisión de Vestas. En calquera caso, remarcou que esta semana que se inicia “é unha semana crucial” e por iso “é necesario que a Xunta tome decisións porque non podemos deixar pasar o tempo”.

Nesta liña, o secretario xeral do PSdeG lembrou que o goberno galego “ten competencias en materia industrial e laboral” e, polo tanto, “ten que paralizar o inicio de consultas do ERE previsto porque hai que buscar unha alternativa para que Vestas poida redefinir a súa  posición e, sobre todo, para conseguir manter a actividade industrial e o emprego para os 115 traballadores e traballadoras planta de Viveiro”. “Esa é a nosa prioridade”, proclamou.

Despois de incidir en que a fábrica “é viable e fundamental para A Mariña”, o secretario xeral do PSdeG afirmou que en que a decisión do peche é aínda menos comprensible “cando a fábrica está producindo con capacidade e de forma competitiva despois de que se levasen a cabo investimentos e recibise apoio institucional”. Gonzalo Caballero tamén fixo un chamamento a todas as administracións “para que  traballen conxuntamente, a carón do persoal de Vestas en Viveiro, para que a planta non se peche”.

De maneira complementaria, o líder dos socialistas sinalou que “é necesario que a Xunta faga unha política de industrialización activa que aposte polas industrias existentes na Mariña de Lugo”. Ademais, reclamoulle ao goberno galego que formule “un plan de fortalecemento da actividade industrial con novos proxectos e con busca de novos inversores”.

En definitiva, “A Mariña necesita unha política industrial dende a Xunta de Galicia que non se está facendo”. Ademais, Gonzalo Caballero remarca que esta é unha situación que “estamos vendo en moitos lugares de Galicia”. Así, sinalou “o goberno da Xunta non exerce as súas competencias en materia industrial e iso implica que Galicia vai perdendo valor engadido bruto no sector industrial, perde traballadores no sector secundario e a Xunta non dá solución a tantas crises e problemáticas que hai en Galicia, malia as súas competencias e responsabilidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24