Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero apela á unidade, á integración e á lealdade para seguir fortalecendo o proxecto do PSdeG e volver acadar resultados históricos nas xerais e municipais de 2023

O secretario xeral pon de relevo “o papel fundamental da militancia” para seguir construíndo o mellor PSdeG

Caballero sinala que “o partido unido terá mais forza para facer fronte a un tempo político no que os e as progresistas e a cidadanía xogámonos moito”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo hoxe un chamamento “á integración, á unidade e á lealdade” para “avanzar na capacidade de dar resposta aos numerosos problemas da sociedade galega” nun contexto no que a reactivación e a modernización de Galicia “deben ser as nosas prioridades”. Nesta liña, o líder socialista apelou “a ter altura de miras e responsabilidade colectiva para estar á altura das circunstancias e do que nos reclaman os galegos e as galegas fronte á inacción e a desidia das políticas do PP”.

Con ese obxectivo, Gonzalo Caballero incidiu na necesidade de que “todas e todos rememos na mesma dirección” para seguir apuntalando o proxecto do PSdeG dende unha perspectiva galeguista, feminista, ecoloxista e de esquerdas. “Esa é”, sinalou o líder socialista, “a mellor fórmula para configurar un partido máis forte e con máis presenza, e para volver situalo en condicións de seguir colleitando resultados históricos nas vindeiras convocatorias electorais: as municipais e as xerais do ano 2023”.

Por iso, “mentres o PP segue instalado nos estériles debates entre Casado, Ayuso e Feijoo e deixa de lado aos cidadáns co conservadurismo”, Gonzalo Caballero incidiu na necesidade de “fuxir de personalismos improdutivos e de poñer o foco nunha visión de conxunto que realmente permita traballar con xenerosidade, eficacia e responsabilidade a prol dos galegos e as galegas”. Caballero sinalou que “o partido unido terá mais forza para facer fronte a un tempo político no que os e as progresistas e a cidadanía xogámonos moito”.

Dende esa perspectiva, o líder socialista amosou o seu convencemento de que o PSdeG seguirá sendo “unha ferramenta útil”, como xa o está a demostrar “na xestión que realizamos para o 55 por cento da cidadanía galega dende o goberno de 113 concellos e de tres das catro deputacións provinciais”.

Ao mesmo tempo, Gonzalo Caballero puxo de relevo “o papel fundamental”  que debe ter o conxunto da militancia socialista á hora de decidir o futuro socialista e de “contribuír entre todos e todas a facer a mellor Galicia”, cun proxecto que debe definirse “a pé de país e coa cabeza centrada en dar resposta ás necesidades da cidadanía”.

Deste xeito, “o PSdeG seguirá configurando un proxecto sólido e solvente fronte a unha dereita que é incapaz de impulsar políticas progresistas para a reactivación e de pensar nas necesidades das persoas” e “fronte a un nacionalismo que opta por aliarse coas vías independentistas de Cataluña que nada bo traen para os  galegos e nas galegas”.

“Dende logo”, proclamou Gonzalo Caballero, “eu comprométome a poñer toda a miña capacidade, todo o meu esforzo e toda a miña ilusión en darlle ao PSdeG ese impulso para seguir avanzando no noso gran proxecto de país”. Seguindo “o exemplo e o camiño aberto por Fernando González Laxe ou Emilio Pérez Touriño”, concluíu o secretario xeral, “este partido será imparable e conseguirá construír esa maioría social, transversal e integradora na que todas e todos nos sintamos cómodos e na que Galicia se vexa reflectida”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18