Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a valorar os efectos concretos do Brexit para a flota galega e a acelerar o fondo europeo de compensación para axudar aos afectados

O secretario xeral destaca que “non se cumpriron os presaxios máis pesimistas” pero chama a paliar os prexuízos que se deriven

O líder do PSdeG contactou coa portavoz socialista europea, Iratxe García, quen reclamou onte a Von der Leyen “celeridade” no uso do fondo de continxencia polo Brexit

Santiago, 29 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe unha análise dos efectos concretos da saída do Reino Unido da Unión Europa para a flota galega, ao tempo que urxiu a que se acelere o fondo europeo de compensación constituído como Fondo de Reserva de Axuste do Brexit.

Trátase, como explicou o líder socialista, de poñer en marcha mecanismos que axuden aos pescadores galegos que resulten afectados polas condicións pactadas para o Brexit.

Ao respecto, Gonzalo Caballero subliñou que “existe un consenso sobre que non se cumpriron os presaxios máis pesimistas” en torno aos posibles efectos do Brexit para a pesca, pero recalcou que cómpre paliar os prexuízos que se podan producir para a flota galega.

“Evidentemente, o Brexit implica cambios para as partes pero evitamos o escenario de non acadar acordo”, indicou o máximo dirixente do PSdeG, quen sinalou que tamén a flota británica tivo que ceder.

De feito, Gonzalo Caballero apuntou que as capturas que sofren unha maior caída non son as especies principais para a flota galega e que,  por exemplo, no caso da merluza norte a cota española practicamente mantense cunha caída dun 1% co horizonte de 2026.

CONTACTOS EN EUROPA

Gonzalo Caballero está en contacto co grupo parlamentario socialista europeo, e especificamente co eurodeputado Nicolás González Casares e coa portavoz socialista europea Iratxe García, quen reclamou onte a Von der Leyen “celeridade” no uso do fondo de continxencia polo Brexit.

O PSdeG insta a todas as administracións públicas europea, española e galega a traballar coordinadamente en defensa dos intereses da flota galega e de facelo con rigor e seriedade, nunha liña de acción construtiva que busque melloras lonxe de declaracións demagóxicas sen base real.

“Algunhas declaracións feitas a medios carecen de rigor e consistencia, e a nosa prioridade é defender ao sector con seriedade e realismo e un firme compromiso. Esta é a forma tamén de defender ao sector pesqueiro galego”, concluíu o líder do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18