Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a “explicar a que intereses sirven os seus deputados en Madrid” trala “pinza” cos independentistas

O secretario xeral reproba que “Feijóo aplaudía” cando o goberno de Rajoy subiu as pensións un 0,25% e agora “di non” a unha suba por riba do nivel de vida

Santiago, 14 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou hoxe a Feijóo a explicar “a que intereses sirven os seus deputados en Madrid”, á vista da “pinza” que fixo a dereita cos independentistas cataláns en contra dos orzamentos do Estado.

Eran, como dixo o líder dos socialistas galegos, uns orzamentos “bos para a cidadanía”, na medida en que permitían subir as pensións, mellorar o salario dos empregados públicos, incrementar as bolsas e as contías para a dependencia e loitar contra a pobreza infantil, entre outras medidas de “prioridade social”.

É por iso que agora, proseguiu Gonzalo Caballero, “Feijóo ten que explicar cal é a súa posición política e a que intereses serve”. “Porque aplaudía hai un ano -recordou- cando o goberno de Rajoy mandou unha carta a cada pensionista galego para anunciar unha suba dun 0,25% e agora di que non a unha suba por riba do nivel de vida”.

Por tanto, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, o presidente da Xunta “debe explicar se está servindo á maioría dos galegos” co seu posicionamento político “ou á estratexia de confrontación” que están poñendo en marcha a dereita e a ultradereita en España. “A que intereses sirve?”, inquiriu.

“UNHA COUSA AQUÍ E OUTRA EN MADRID”

Ademais, á vista de que hoxe estará con Pablo Casado en Galicia, Gonzalo Caballero censurou que “o PP di unha cousa aquí e outra en Madrid” sobre cuestións “fundamentais” como a igualdade entre homes e mulleres.

Aludiu así ao apoio do PP no Parlamento galego a unha iniciativa socialista que instaba a rexeitar pactos con formacións que avalan reducir a protección das mulleres mentres Pablo Casado mantén posicións en contra do dereito das mulleres, por exemplo, a interromper o seu embarazo.

ELECCIÓNS

Finalmente, sobre o calendario electoral, Gonzalo Caballero deixou claro o seu “apoio” ao presidente do Goberno para, facendo uso da súa competencia, convoque as eleccións cando crea oportuno.

“Estamos preparados, sexan en abril, en maio ou ao final da lexislatura”, destacou o secretario xeral, dende o convencemento de que o PSOE está “en condicións de ser primeira forza” en España nas eleccións xerais e de presentar “as mellores candidaturas e o mellor proxecto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24