Categorías: Actualidade do partido

Gonzalo Caballero explica como “necesario” o traslado dos restos de Franco

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, participou hoxe en Vigo no acto de homenaxe aos alcaldes e políticos vigueses fusilados en 1936 organizado polo Concello no Xardín da Memoria Histórica. O líder dos socialistas galegos apuntou o compromiso do PSOE coa Memoria Histórica, como demostra o traslado “necesario” dos restos de Franco do Valle de los Caídos.

Gonzalo Caballero apuntou que “os socialistas cumprimos” co compromiso político do PSOE e de Pedro Sánchez de trasladar os restos do ditador a través dun procedemento “moi acertado, que respecta a tódalas partes e que permite cumprir cunha débeda histórica coas vítimas da Guerra Civil e da represión franquista”.

Trátase, dixo, dunha decisión “necesaria, que responde a unha débeda histórica e que a sociedade comeza a percibir como imprescindible” e apuntou que “incluso os conservadores empezan a entendela como necesaria”. Subliñou o compromiso coa memoria histórica tamén dos socialistas galegos, que “seguimos a traballar para tomar tódalas medidas necesarias para dar pasos adiante neste sentido”.

Dixo que estas decisións “parecen moi controvertidas, pero cando se asentan nunha sociedade, esta avanza e configuran un éxito colectivo para todas e todos”. Explicou que “os socialistas, cando gobernamos, impulsamos avances democráticos e sociais que parecen difíciles de conseguir, pero que acaban sendo asumidos como algo imprescindible e necesario de facer”, como foi o caso tamén do matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou a interrupción voluntaria do embarazo.

Acto

Así o sinalou Gonzalo Caballero logo de participar do acto do Concello de Vigo en lembranza dos alcaldes de Vigo e Lavadores, Martínez Garrido,de Antela Conde, fusilados na madrugada do 27 de agosto de 1936, así como dos deputados, concelleiros e políticos vigueses Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana, Seoane, Torres, Ubaldo Gil, ou González Brunet, tamén asasinados naquelas datas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este acto no que lembrou aos que foron fusilados xunto a Martínez Garrido, e ao que tamén asistiron os familiares dos homenaxeados. Puxo en valor o traballo de quen foi o último alcalde da República en Vigo, e de quen dixo sentirse herdeiro na súa tarefa como alcalde socialista da cidade.

A este acto celebrado hoxe en Vigo tamén asistiron representantes municipais, a subdelegada do Goberno Maica Larriba ou o deputado socialista Abel Losada, o ex conselleiro Fernández Antonio, familiar de Antonio Bilbatúa. Entre outros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57