Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe á Xunta ampliar os programas contra a pobreza infantil para “reforzar os dereitos da infancia” ante a actual crise

O secretario xeral insta á Xunta a garantir que os fondos que dedicaba á Risga, incompatible co ingreso mínimo vital, sigan sendo para combater a pobreza

O líder do PSdeG esixe a Feijóo “que baixe o nivel de tensión”, xa que “o pulso que mantén co goberno non xera ningún beneficio” e recorda que “ten marxe” para ampliar a apertura de bares e cafeterías

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a Fundación Meniños, onde reclamou á Xunta que empregue os fondos que dedicaba á Risga, e que agora non gasta por ser incompatible co ingreso mínimo vital, en ampliar os programas para loitar contra a pobreza infantil, reforzando así “os dereitos da infancia”.

“A Xunta pode establecer complementos autonómicos que reforcen o IMV para unidades familiares con menores que estean en risco de pobreza e desigualdade”, reivindicou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, quen avanzou que o PSdeG levará ao Parlamento unha batería de iniciativas neste senso.

Nesta liña, Gonzalo Caballero censurou que a Xunta “teña establecido que a Risga non poida ser complementaria co IMV”, xa que isto implica que o goberno galego “deixa de facer gasto social”. Fronte a isto, incidiu, “pedímoslle que promova o gasto social” e que haxa un “compromiso coas persoas en situación de vulnerabilidade”.

“O IMV ten sido un avance fundamental e a súa xestión hai que fortalecela e perfeccionala”, resaltou Gonzalo Caballero, logo de reivindicar o papel do goberno de España por dar “un impulso que amplía a fronteira da cobertura conxunta da sociedade” a familias en risco de exclusión social. Así, destacou o complemento ao IMV anunciado polo goberno de España, que permitirá que as familias con fillos e fillas poidan recibir máis fondos.

“Unha sociedade, para ser xusta e próspera, ten que loitar pola igualdade de oportunidades e especialmente na infancia”, remarcou o dirixente socialista, consciente de que “é fundamental que tamén dende a Xunta se promovan iniciativas e programas de acción que dean cobertura a menores para que ninguén quede na cuneta” cando nos atopamos “nesta crise onde o risco de desigualdade é tan grande”.

Por último, o responsable do PSdeG recoñeceu o traballo e a “longa traxectoria de compromiso na defensa da infancia” da Fundación Meniños, que apoia directamente a máis de 1.000 nenas e nenos galegos. “Non hai igualdade máis importante que a dos nenos e as nenas”, por iso “é fundamental respaldar un estado de benestar potente”, finalizou.

“A ESTRATEXIA DE FEIJÓO NON CONDUCE A NINGÚN LUGAR”

En paralelo, Gonzalo Caballero abordou a situación da desescalada en Galicia para esixir a Feijóo que “ten que baixar o nivel de tensión” co goberno de España e criticar que estea “sempre tensionando”.

“Cando había estado de alarma, non quería estado de alarma; e cando non era necesario o estado de alarma, el quería estado de alarma e dicía que íamos chegar ao caos”, censurou o líder do PSdeG.

“A estratexia de Feijóo non conduce a ningún lugar”, incidiu, xa que “ese pulso non xera ningún beneficio aos galegos e galegas”. Por todo isto, Gonzalo Caballero chamou ao presidente da Xunta á “responsabilidade”, á “cooperación” e a “buscar solucións” mediante o “diálogo”. “Temos que saber xestionar a cogobernanza e ser leais entre a administración central e autonómica”, sentenciou.

Nesta liña, o secretario xeral do PSdeG destacou que o goberno autonómico “ten marxe, de acordo ás estruturas de cogobernanza, para tomar medidas” no proceso de desescalada, polo que “se a Xunta considera que se poden tomar medidas menos restritivas, xa pode abrir as cafeterías e os bares ata a 1 da mañá”.

De feito, o máximo dirixente socialista lembrou o exemplo do “modelo asturiano”, que “fortalece a sanidade pública” -nomeadamente a atención primaria- ao tempo que “está permitindo con éxito que a hostalería estea aberta ata a 1 da mañá”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18