Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para pedirlle ao Estado que manteña as compensacións por coidado de fillos con enfermidades graves logo de que cumpran os 18 anos

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle ao Estado que manteña as compensacións por coidado de fillos con cancro ou enfermidade grave logo de que cumpran os 18 anos. A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo salientou a sensibilidade amosada polo Executivo para levar adiante esta medida.

A responsable socialista sinalou que o acordo fai de hoxe un “día importante” para as familias que teñen que padecer esta situación, sinaladamente a de Lucas Morán, que fixo pública a situación deste rapaz, que padece unha miopatía severa cunha discapacidade física do 77 por cento. Ata agora, os pais puideron contar coa axuda recoñecida polo Estado, dedicando tempo ao coidado do fillo, que pode perder ao cumprir os 18 anos.

Salientou que a situación dos doentes “non mellora, senón que en moitos casos mesmo empeora” ao facerse maiores, obrigando ás familias a dedicar cada vez máis tempo ao seu coidado, renunciando aos ingresos por actividade laboral. Lembrou que o Real Decreto de axudas, aprobado en 2011 polo goberno de Zapatero e ampliado en 2019 polo goberno de Pedro Sánchez, garante unha compensación fundamental para que non perdan ingresos nin dereitos polo coidado.

Rodríguez Rumbo subliñou que “a política ten que ser útil para as persoas, e con estes acordos axudamos a ser útiles para as familias dos rapaces con cancro ou enfermidades graves, dando pasos adiante para acadar unha sociedade máis igualitaria e máis xusta”.

Logo das críticas vertidas hoxe polo Grupo do PP, a responsable socialista afeoulles a súa disposición a “instar ao Estado cando non gobernan, pero cando tiveron a oportunidade de gobernar durante 7 anos ininterrumpidos nin se dirixiron ao Estado nin aprobaron dereitos que si que avanzan cando hai un goberno socialista”, como é neste caso.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno de España co fin de promover a revisión das prestacións polo coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave recollidas no Real Decreto 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave, para que se modifique o artigo 7.3, eliminando o apartado d) Por cumprir o menor 18 anos e se  analicen e valoren, no marco do Pacto de Toledo, as circunstancias que poidan requirir o mantemento ás familias de dita prestación aínda cando a persoa afectada pola enfermidade teña cumprido os 18 anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08