Categorías: Eleccións 10NSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que o PSOE “é o voto útil da esquerda para poñer a Pedro Sánchez de presidente e rematar o tempo de Feijóo” e pide “traballo intenso para unha mobilización masiva”

O secretario xeral sinala que “nos preocupa a coalición das dereitas coa ultradereita”, que gobernarán se lles dan as contas e que “non é o que queremos para a Galicia e a España que queremos”

A vicesecretaria xeral do PSOE apela a “votar con más ganas que nunca” trala “campaña de desinformación brutal” posta en marcha pola dereita para “engañar” e provocar a abstención

Vigo, 3 de noviembre de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou este domingo un acto coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Dende a cidade olívica, chamaron a conseguir “unha mobilización masiva” para que Pedro Sánchez siga sendo “o mellor presidente do goberno para España”.

De feito, Gonzalo Caballero pediu “un traballo intenso” neste sentido e destacou que o PSOE “é o único voto útil para defender a esquerda e o progresismo” e para facer fronte á coalición das dereitas coa ultradereita que “nos preocupa” polo que implica de “retrocesos” a todos os niveis.

“Se suman, haberá un regreso ao pasado que non podemos consentir”, advertiu o líder dos socialistas galegos, consciente ademais de que “a incompetencia” de Pablo Casado, ao que agora tentan “agochar e que non fale moito”, fará que sexa “un títere en mans de Abascal”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero recuperou as palabras de Feijóo sobre que Pablo Casado é “áspero, estridente e pouco centrado”, extremo no que se mostrou de acordo. “Pero cando di que cambiou… en que deixou barba”, bromeou, entre aplausos de máis de medio millar de persoas.

Con este panorama, e o dun Feijóo que adica a Xunta á confrontación co goberno socialista con “mentiras constantes”, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que “as enquisas dánnos ben” pero hai que mobilizarse “para refrendar a maioría social progresista” que existe en Galicia e que quere “botar a Feijóo” e manter a Pedro Sánchez á fronte do goberno de España.

“Ningún progresista pode poñerse de perfil ou crer no discurso interesado da dereita de que estamos cansos de votar”, incidiu Gonzalo Caballero, despois de advertir de que os conservadores si que acudirán ás urnas o domingo que vén.

IR VOTAR “CON MÁS GANAS QUE NUNCA”

Diso falou tamén Adriana Lastra, quen censurou “a campaña de desinformación brutal” posta en marcha pola dereita para provocar a abstención.

“Hay que ir a votar por pura democracia”, argumentou a vicesecretaria xeral, crítica con que a dereita busque “enganar á opinión pública” a través de novas falsas nas redes sociais. É o mesmo, recordou, que fixeron noutros países, e que supuxo a vitoria de Bolsonaro en Brasil ou de Trump en Estados Unidos.

Por iso, Adriana Lastra apelou a “votar con más ganas que nunca” para “fortalecer la democracia” e para dicir que “queremos una democracia limpia y unos políticos limpios”.

Finalmente, despois de criticar “lo que hace la derecha donde gobierna”, a dirixente socialista garantiu a blindaxe na Constitución da subida das pensións, a derrogación da reforma laboral e a aprobación dun novo estatuto dos traballadores.

”IMOS GAÑAR AS ELECCIÓNS”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, prognosticou que “imos gañar as eleccións” para seguir gobernando porque “hai que reverter todo o que fixo o PP”.

“O que está en xogo é reverter eses anos tristes de Rajoy e os seus recortes, coas penalidades que fixo pasar a tantos”, apelou o rexedor, e fixo fincapé en que “o que nos diferencia do PP” é que “nós gobernamos ao lado da xente, sobre todo da xente que máis nos necesita” e eles “só para algunha xente”.

En paralelo, Abel Caballero sinalou a Pedro Sánchez como “o presidente que máis fixo por España” e situou no lado oposto a Feijóo, que ía ao estaleiro de Barreras “a sacar fotos” cando puxo a nova dirección pero agora “non dá a cara” tras 1.500 despidos.

Finalmente, en clave electoral, o alcalde augurou unha vitoria máis ampla do PSOE nesta provincia o vindeiro 10-N e tamén que Gonzalo Caballero será o próximo presidente da Xunta.

“POLO PASADO, POLO PRESENTE E POLO FUTURO”

A encargada de abrir o acto foi a viguesa Olga Alonso, cabeza de lista por Pontevedra ao Congreso, quen sinalou “tres motivos” para votar ao PSOE: “Polo pasado, polo presente e polo futuro”.

“Precisamos poñer por diante ás persoas e seguir conquistando novos dereitos, e que non nos fagan retroceder”, proclamou, antes de pedir que o día 10 se enchan as urnas “de voto socialista”.

Ademais, o secretario provincial do PSOE en Pontevedra, David Regades, destacou que “a única forza de esquerdas que sabe gobernar é o PSOE” e, por iso, “é o único voto útil”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06