Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que “a prioridade social” dos PXE é “beneficiosa” para Galicia e valora o compromiso co AVE e as fragatas de Ferrol

O secretario xeral sinala que é importante que os orzamentos saian adiante e que se traballe para acadar melloras para Galicia

Miño, 15 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe, na súa visita a Miño, que os Presupostos Xerais do Estado “son beneficiosos para os galegos e as galegas”, toda vez que “a prioridade social” coa que están deseñados afectará fundamentalmente nunha comunidade como a nosa,  con salarios e pensións entre as máis baixas do Estado.

“Estes orzamentos permiten subir as pensións e os salarios dos empregados públicos, que os autónomos teñan máis dereitos, subir o salario mínimo para unhas rendas dignas, que os parados de longa duración volvan ter protección, máis becas…”, puxo en valor o líder dos socialistas galegos.

Deste xeito, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que as contas públicas deseñadas polo goberno de Pedro Sánchez están “pensadas para a cidadanía”, cunha “prioridade social” que se sitúa “por riba” de calquera outra.

En paralelo, como sinalou o secretario xeral, os PXE teñen “un compromiso claro coa chegada do AVE a Galicia nos tempos establecidos” e recollen unha inversión “sen precedentes na historia de Galicia” para construír sete fragatas no asteleiro público de Ferrol, co que se crearán máis de 7.000 empregos. “Vai ser un revulsivo para a industria e para o naval”, incidiu.

E, se ben apuntou que “todo é sempre mellorable”, en alusión á inversión territorializada, Gonzalo Caballero apuntou que “hai marxe para traballar” nos orzamentos ao longo da súa tramitación parlamentaria. “Porque queremos os mellores presupostos para Galicia”, concluíu.

TRABALLO DOS SOCIALISTAS DE MIÑO

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor o traballo do candidato á alcaldía de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, co que os socialistas fomos primeira forza nas pasadas eleccións municipais e non acadamos a alcaldía “por un puñado de votos”.

Nesta ocasión, sinalou Gonzalo Caballero, “o traballo intenso” desenvolvido nestes anos “en contacto coa veciñanza” sitúanos “en mellores condicións para dar a Miño unha alcaldía de progreso”.

Ademais, puxo o foco na Xunta ao reclamar a apertura do centro de día, “unha asignatura pendente que Feijóo, durante dez anos, non foi quen” de resolver.

Ao respecto, Manuel Vázquez Faraldo criticou que o PP estea utilizando unhas instalacións “moi necesarias” para a veciñanza de Miño “como cebo electoral”. “O centro está feito dende 2008”, recordou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18