Categorías: Actualidade

“Enxeñería fiscal” da Xunta para explotar aos traballadores da Sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe a “enxeñería fiscal” do PP para “explotar aos traballadores en áreas deficitarias do servizo público máis importante, que é a Sanidade”. Así o dixo na rolda de encontros dos grupos da oposición cos profesionais que o PP vetou na Comisión de Investigación da Sanidade, e que hoxe reuniu no Parlamento a dúas pediatras de Barbanza e de Ames.

O responsable socialista lamentou que o goberno galego teña feito “todos os esforzos” en artellar contratos en precario en lugar de preocuparse de planificar a longo prazo solicitando máis prazas MIR de Pediatría que permitiran incrementar o número de profesionais. Acusou ao PP e ao goberno galego de utilizar a escaseza de profesionais “máis como unha escusa que como un problema”, tratando á especialidade “como un luxo e non como un dereito”.

Ademais, advertiu que o Ministerio de Sanidade “ten demostrado máis interese que a Consellería en dotar de pediatras ao Sergas”. Así o dixo aludindo ao repentino interese do goberno galego por activar a vía excepcional para incrementar as prazas asignadas a Galicia “logo de 7 anos de goberno de Rajoy nos que o goberno galego permaneceu mudito”.

Explicou que aquela solicitude, feita sen cumprir cos requisitos, “de ter sido aceptada polo Ministerio tería paralizado as prazas para este ano, ao obrigar a revisar toda a documentación para as peticións da Xunta” o que aos ollos de Torrado evidencia que “non queren solucións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41