Categorías: Eleccións 10NSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a inversión de 4.300 millóns de euros para as fragatas de Ferrol como a mostra de que “o Goberno socialista cumpre con Galicia”

A ministra de Defensa retou ao PP a “ser valiente y explicar a la ciudadanía de Ferrol por qué tenía parado este proyecto”


Ferrol, 4 de novembro de 2019
. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Ferrol en compañía da ministra de Defensa, Margarita Robles, e do alcalde, Ángel Mato, así como membros da candidatura socialista ás eleccións xerais pola provincia.

Dende alí, o líder dos socialistas galegos puxo en valor “o investimento histórico” de 4.300 millóns de euros para construír cinco fragatas en Ferrol cun ano de anticipación con respecto aos prazos previstos inicialmente. ”É o segundo investimento en Galicia en calquera tempo despois da inversión na construción do AVE”, enfatizou.

E, xunto cos case 7.000 postos de traballo que se xeran con este encargo aos estaleiros públicos, Gonzalo Caballero explicou que a inversión é tamén “unha oportunidade para desenvolver a industria e para o desenvolvemento da cidade”.

Isto contrasta, segundo dixo o máximo dirixente do PSdeG, co feito polo PP. “Feijóo careceu de política industrial durante 11 anos e foi cómplice das estratexias de dilación do ministro Morenés, que non sacou adiante o proxecto de construción das fragatas”, recordou, e censurou as “mentiras” de Feijóo que “xa non cre ninguén”.

Por iso concluíu que “a Galicia vaille ben cun goberno socialista, que cumpre coa prioridade social dos galegos e que cumpre cos grandes investimentos nesta terra”, en referencia tanto ás fragatas de Ferrol como a aposta pola Cidade das TIC da Coruña e o compromiso coa chegada do AVE.

GALICIA, “UNA PRIORIDAD”

Ao fío disto, Margarita Robles resaltou a “dedicación” do executivo socialista con Galicia “porque Galicia durante mucho tiempo ha estado abandonada por parte del PP”. ”Y si los ciudadanos apoyan al PSOE, si vuelve a haber un gobierno socialista, que nadie dude que Galicia va a ser una prioridad”, asegurou.

Proba diso, sinalou a ministra, é a “inversión histórica de 4.300 millones de euros que va a permitir el trabajo para cerca de 7.000 personas”. “Este es un gobierno que cumple sus compromisos”, recalcou, para deixar patente  “la diferencia que hay entre el PP, que deja paralizadas las fragatas F-110, y el PSOE, que da la máxima prioridad a aquellas inversiones que benefician a los ciudadanos de Galicia”.

Ao respecto, Margarita Robles retou ao PP a que “sea valiente y que le explique a los ciudadanos de Ferrol por qué tenía parado este proyecto”. “Nosotros inmediatamente lo pusimos en marcha. Inmediatamente el Consejo de Ministros aprobó un acuerdo para acordar esa inversión de 4.300 millones de euros”, remachou.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, agradeceu a visita do secretario xeral do PSdeG e da ministra, a quen agradeceu o seu compromiso coa cidade.

COA MINISTRA DE SANIDADE NA CORUÑA

Ademais, hoxe á mañá, a ministra de Sanidade e o líder dos socialistas galegos participaron nun encontro con colectivos sociais e sanitarios da Coruña en compañía da alcaldesa, Inés Rey.

Ao termo, Gonzalo Caballero sinalou ante os xornalistas que “o PP está perdendo fuelle en Galicia” produto de que a cidadanía xa percibe que Pablo Casado “non dá a talla”. “E canto máis fale Feijóo atacando ao goberno socialista, máis galegos van ir votar para defender o progreso e o avance de mans do Partido Socialista. Cantas máis mentiras di Feijóo, menos apoio ten o PP”, engadiu.

Así pois, prognosticou que “o PSOE vai chegar ao domingo con moito impulso dende Galicia”. Porque fronte “ao mellor proxecto para gobernar España”, o que encabeza Pedro Sánchez, temos “a suma das dereitas coa extrema dereita, que supón un risco de involución que é moi perigoso”, evidenciou Gonzalo Caballero.

“O plantexamento das dereitas programa un posible presidente do Goberno que sería Pablo Casado, pero sería Santiago Abascal quen orientase e marcase o ideario desde goberno”, advertiu o secretario xeral do PSdeG, antes de pedir “mobilización” e de sinalar ao PSOE como “o voto útil para facer que España avance”.

“El voto útil“, proseguiu María Luisa Carcedo, “es para quien tiene más posibilidades de configurar un gobierno, y nosotros estamos pidiendo a la ciudadanía un respaldo más contundente” que o obtido o 28 de abril.

”Para poder hacer ese gobierno que piense en el futuro, para que no haya posibilidades de retroceso en la sociedad española y para tener un gobierno estable que afronte los principales desafíos de justicia social y de políticas de futuro que tiene este país”, finalizou.

Pola súa banda, a alcaldesa, Inés Rey, destacou que cando goberna o PSOE “as condicións de vida dos cidadáns melloran e as políticas sociais son a bandeira das nosas actuacións”. Por tanto, pediu “unha mobilización masiva e un resultado exitoso para o Partido Socialista”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28