Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero denuncia “unha nova improvisación de Feijóo” ao convocar ás policías locais dous días antes do Nadal: “Non coordina aos concellos e agora sáltase aos alcaldes”

O secretario xeral critica que Feijóo “leva meses” sen convocar ao órgano de coordinación co Goberno e os concellos galegos para coordinar os traballos fronte á covid

Santiago, 20 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe “unha nova improvisación” de Feijóo no que atinxe á loita contra a pandemia ao convocar dous días antes do Nadal ás policías locais das cidades e “saltándose aos alcaldes”.

Sobre todo, como dixo o líder do PSdeG, porque Feijóo leva meses sen convocar á CECOP, o órgano de coordinación de Galicia co Goberno e os concellos galegos para coordinar os traballos fronte á covid.

“Agora Feijóo atópase con que non ten os deberes feitos para o Nadal”, sinalou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé na crítica en que Feijóo convoque ás policías locais e “non aos alcaldes, que son os responsables” deses corpos.

“Feijóo ten que cumprir coas súas obrigas e reunirse cos alcaldes e alcaldesas para coordinar o cumprimento das normas no Nadal”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG:  “todos estamos moi preocupados, e Feijóo non pode seguir ausente”.

Neste contexto, Gonzalo Caballero pediu “responsabilidade e cooperación de todas as administracións, comezando pola Xunta”, e chamou tamén “á prudencia e á sensatez ao conxunto da cidadanía” na batalla contra o virus tamén no Nadal. Ademais, volveu ofrecer a Feijóo a man do PSdeG para loitar contra a pandemia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18