Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero demanda a Feijóo que “non aplique na educación pública o debilitamento que está facendo na sanidade”: “Non pode empezar o curso que vén despedindo docentes”

O líder socialista avoga por “pegar un xiro ás políticas do PP na Xunta”, preocupado polo peche de 600 camas de hospital neste verán, o aumento das listas de espera ou o recorte de centos de profesores

O secretario xeral subliña que o ditame da comisión de reactivación é “unha carta aos reis magos” na que non existe “compromiso” cunha reconstrución que prime o fortalecemento dos servizos públicos e a xeración de emprego

Santiago, 12 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para reclamar a Feijóo que “non faga na educación pública o que está facendo na sanidade”. “Todos os galegos estamos preocupados polo peche de máis de 600 camas nos hospitais, por que siga a atención telefónica, polo aumento das listas de espera…”, subliñou, para rexeitar o anuncio de que haberá “centos de profesores menos” o vindeiro curso.

“Non podemos empezar o curso que vén despedindo docentes e pechando centros, hai que manter o profesorado e dar aos nosos nenos e nenas unha educación de primeira”, remarcou o líder do PSdeG, para rexeitar que o goberno galego “sigue recortando nos servizos públicos”, o que fai que Galicia estea “á cola” na calidade de servizos públicos á cidadanía segundo varios informes.

“Hai que pegarlle un xiro ás políticas do PP na Xunta”, incidiu Gonzalo Caballero, quen se comprometeu a seguir defendendo que a estratexia para a reactivación do país trala pandemia prime a xeración de emprego e o fortalecemento dos servizos públicos e se oriente a “poñer os fondos nas mans dos galegos e das galegas”. “Pero o que estamos vendo da acción da Xunta preocúpanos”, advertiu.

Aludiu así o responsable do PSdeG ao ditame da comisión de reactivación que se aprobará no pleno do Parlamento desta semana, ao que se referiu como “unha carta aos reis magos” na que non existe “compromiso” con auténticas políticas públicas para a reconstrución de Galicia e na que o PP optou pola “unilateralidade” e por fuxir do consenso.

“CORRESPONSABILIDADE”

“Nós tendemos a man de xeito permanente á Xunta para marcar as grandes liñas de acción: o fortalecemento dos servizos públicos, a creación de emprego e o fomento da cohesión social para que ningún galego quede atrás”, recordou Gonzalo Caballero, quen criticou que “a nosa vocación de diálogo dende a corresponsabilidade non atopou resposta no PP”.

De feito, reprobou o feito de que aínda hoxe, “logo dos seis meses de máis dureza da crise”, o goberno galego manteña sen destino 113 millóns de euros do fondo de consenso. “A Xunta está sendo incapaz de enfrontar a reactivación e está deixando orfos aos galegos e ás galegas”, remarcou, para deixar claro que “nós non imos ser cómplices desa deixación de funcións”.

CAMBIOS NO GOBERNO

En paralelo, a preguntas dos medios de comunicación sobre os cambios no goberno de España, Gonzalo Caballero desexou “moitos acertos” aos ministros que agora se incorporan e aproveitou tamén para recoñecer o traballo dos saíntes.

Coa vista posta na importancia de seguir afondando na extensión da vacinación e de poñer a prioridade na reactivación económica e social, o líder do PSdeG garantiu que “seguirei levando a voz dos galegos e das galegas ao Consello de Ministros para dar solucións aos nosos problemas”.

Ademais, no que atinxe ao relevo no Ministerio de Transportes, destacou o traballo feito por José Luis Ábalos en cuestións como o remate das obras do AVE a Galicia ou a rebaixa histórica das peaxes da AP-9. “Son tarefas fundamentais para Galicia que corresponderán agora á nova ministra”, apostilou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18