Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Cun goberno progresista na Xunta rearmaremos a sanidade pública tras 11 anos de recortes do PP de Feijóo”

O secretario xeral recibe o informe do comité de expertos de sanidade, que receita incrementar o persoal, mellorar a Atención Primaria e compromiso cos hospitais comarcais


Santiago, 22 de maio de 2020
. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recibiu hoxe da man da ex-conselleira de Sanidade María José Rubio as conclusións do comité de expertos sanitarios constituído a raíz da crise da covid-19. O comité configurado por 50 expertos sanitarios recibiu achegas de diversos colectivos e profesionais que se concretan nun informe que analiza a situación da nosa sanidade pública, o impacto do coronavirus en Galicia e os cambios a acometer para preservar e optimizar o sistema.

O obxectivo deste informe, que tamén recibiu Xoaquín Fernández Leiceaga como coordinador do programa electoral do PSdeG, é -como explicou Gonzalo Caballero- “presentar o mellor proxecto de goberno no eido sanitario”. “Queremos avanzar cara un novo modelo sanitario que fortaleza as posibilidades do sistema e que dote a Galicia dunha sanidade pública para o século XXI”, subliñou.

O documento derivado das contribucións dos profesionais sanitarios e de expertos en xestión como Ramón Medina, ex director xeral de Saúde Pública, pon o foco na falla de persoal e de orzamentos como consecuencia dunha década de recortes por parte de Feijóo. De feito, pon o foco na perda de máis de 1.100 profesionais en atención primaria e contrasta as “sucesivas” condenas por contratacións fraudulentas no Sergas cun nivel de estabilidade por riba do 90% que se acadou co goberno liderado por Emilio Pérez Touriño.

Precisamente desa etapa, no documento figura como o orzamento sanitario aumentou un 34% con respecto aos gobernos anteriores do PP na Xunta, que deixaron unha débeda de máis de 400 millóns de euros no Sergas saneada polo goberno progresista. Ata o punto, engádese, que en catro anos convocouse unha oferta pública de emprego de 5.000 prazas e realizouse o primeiro concurso de traslados no Sergas.

A chegada de Feijóo á Xunta cunha política de recortes na sanidade pública, recolle o informe, derivou en “acumulacións de esperas” incluso na atención primaria, en “saturacións dos servizos de urxencia”. Canto á situación do persoal, ademais, recolle a “conflictividade” que existe na atención primaria, con “folgas constantes” e ata “dimisións en bloque” como as que se produciron dos xefes de servizo da área sanitaria de Vigo.

BATALLA CONTRA A COVID

Nesta “situación límite” para o Sergas chegou Galicia á crise da covid-19. A nosa comunidade, reflicte o documento, “beneficiouse das medidas tomadas polo goberno para todo o Estado”, como o confinamento, toda vez que a expansión da pandemia estaba nunha fase “incipiente”.

Porén, en canto á situación do Sergas, refiren unha atención primaria “minusvalorada, minguada de recursos persoais e materiais”, unha grande precariedade laboral fundamentalmente en colectivos como a enfermería ou as ambulancias e “vacíos” na organización das urxencias, entre outras cuestións.

Por iso, o comité de expertos do PSdeG refire que “precisamos dunha xestión eficiente, dun afrontamento dos retos que o sistema ten por diante xa no día de hoxe e dunha visión transformadora para os vindeiros anos que permita deseñar un sistema público eficiente, sostible, coa máxima calidade e resolutivo”.

Coa vista posta no futuro, os expertos formulan a necesidade de traballar na estabilidade do persoal dun xeito “planificado”; de converter a atención primaria no “eixo fundamental” do sistema, con máis profesionais e máis medios; e apostar polo reforzo dos hospitais comarcais.

COMPROMISO SOCIALISTA COA SANIDADE PÚBLICA

Así as cousas, Gonzalo Caballero recordou que “os socialistas galegos sempre defendemos e defenderemos a sanidade pública”, e garantiu que “un goberno progresista en Galicia rearmará o sistema sanitario público” tras “once anos de recortes do PP de Feijóo”.

Por iso, o líder dos socialistas galegos garantiu que se ofertarán contratos estables para todos os profesionais sanitarios dispoñibles, o fortalecemento da atención primaria, o mantemento e ampliación dos servizos dos hospitais comarcais. “Esa vai ser a nosa folla de ruta á fronte da Xunta”, recalcou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28