Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero contrasta “a política económica activa” do goberno socialista co “abandono” da Xunta ao sector industrial

Reyes Maroto destaca que 23 proxectos industriais galegos recibirán 23 millóns de euros do Plan Reindus “para que Galicia recupere o peso industrial que nunca debeu perder”

Santiago, 5 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe en Santiago unha xuntanza con empresarios e sindicatos en compañía da ministra de Industria, Reyes Maroto, para abordar as súas necesidades e tamén as oportunidades que teñen de cara ao futuro. Neste contexto, o líder socialista contrastou “a política económica activa” que está poñendo en marcha o goberno que dirixe Pedro Sánchez co “abandono” que a Xunta ten inflixido ao sector industrial.

“A dereita plantea a política económica como un mecanismo de axuste orzamentario e de recortes, e non ten capacidade de involucrarse cos actores e co tecido produtivo”, explicou o máximo dirixente do PSdeG, quen fixo fincapé na perda de pulo do sector industrial en Galicia na última década.

Tanto é así, incidiu Gonzalo Caballero, que o propio Consello Económico e Social “suspendeu” á Xunta no relativo á política económica e industrial. “E un ano despois, aínda non tomou ningunha decisión importante para apoiar o tecido produtivo ou para que o Igape teña capacidade de tracción e impulso”, reprobou.

Fronte a isto, o líder dos socialistas galego reclamou “unha estratexia de acción industrial a medio ou largo prazo”, que teña en conta -enumerou- cuestións relativas ao financiamento, á formación do capital humano, ao tecido produtivo, ás estratexias de internacionalización e á innovación tecnolóxica. “Porque en Galicia segue habendo un retraso comparativo”, advertiu antes do inicio dunha xornada con medio centenar de dirixentes empresariais.

“RECUPERAR O PESO PERDIDO”

Pola súa banda, Reyes Maroto explicou que o goberno socialista está “impulsando la política industrial que necesita España y, sin duda, Galicia para recuperar el peso perdido en siete años de ausencia” do ministerio de Industria.

Na súa segunda xornada en Galicia, destacou o “éxito” do Plan Reindus, con 23 proxectos industriais en Galicia beneficiados con máis de 60 millóns de euros. “Queremos acompañar al sector para que siga creciendo, y para que Galicia recupere el peso industrial que nunca debería haber perdido”, engadiu.

Ademais, puxo o foco na situación de Alcoa antes de manter unha xuntanza co seu comité de empresa, e aproveitou para informar da creación dunha mesa de seguimento que traballe na procura dunha “solución” para os traballadores afectados.

En paralelo, destacou que os orzamentos do Estado son “buenos” para Galicia, tanto pola “agenda social” que incorporan como porque a inversión per cápita sitúase “por encima de la media de España”, con 280 euros por galego fronte a menos de 260.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24