Categorías: ActualidadeEconomíaNovasPortadaSanidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero considera que a Xunta usa a confrontación desleal e ruín coas vacinas para tapar listas de espera de ata 26 días en Atención Primaria: “As políticas do PP están atacando duramente á sanidade pública galega”

O secretario xeral do PSdeG ve superado en materia de reactivación a un goberno da Xunta “zombi e ausente”

Gonzalo Caballero mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa secretaria xeral de CC.OO. en Galicia, Amelia Pérez, na que coincidiron en que o fortalecemento dos servizos públicos e a reactivación son as prioridades

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo esta mañá una xuntanza de traballo coa nova secretaria xeral de Comisión Obreiras en Galicia, Amelia Pérez. Tras o encontro, o líder socialista explicou que PSdeG e CC.OO. comparten moitos aspectos na “defensa dos servizos públicos e a reactivación económica e social”. Esas son as dúas prioridades que ten nestes intres Galicia “para que ninguén quede atrás”.

Porén, malia que as prioridades para a recuperación están moi claras, Gonzalo Caballero lamentou que a Xunta sexa “un goberno zombi, que non ten propostas pactadas para os fondos europeos, que non dá respostas ás crises industriais que afectan ao país e que ten á sanidade galega metida na UCI con listas de espera inasumibles”.

“Galicia”, advertiu o líder socialista, “non se pode permitir este goberno zombi e ausente porque necesita un goberno que lidere a reactivación” nun contexto no que “os galegos e galegas están a pasalo moi mal e a Xunta non pode seguir de vacacións”.

DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Con respecto á primeira das prioridades, Gonzalo Caballero aproveitou para volver esixirlle a Feijoo que se poña a traballar para fortalecer os servizos públicos fronte ao “preocupante retroceso” que están a sufrir.

Así, lembrou que no eido sanitario existe unha “situación gravísima” con 600 camas menos este verán, con multitude de problemas que fan que o Colexio de Médicos Pontevedra presentase una denuncia contra os dirixentes da sanidade pública na provincia ou con listas de espera “disparadas e como nunca existiron”.

Polo miúdo, o mandatario socialista recalcou que hai bisbarras e vilas de Galicia nas que hai que esperar 26 días, como en Carballo, ou 20 días, en Tui. Son cifras que demostran que son “as políticas do PP as que están atacando duramente á sanidade pública”, o que tamén é “un ataque a todos os galegos e galegas”.

A maiores, Gonzalo Caballero advertiu de que “cada semana que pasa a situación é máis grave”: Por iso, lamentou que, en lugar de dar respostas e solucións, o PP siga buscando “confrontacións marcadas por Ayuso e Casado” nunha estratexia que cualificou de

“mesquiña, ruín e estéril”. Así, en resposta ás últimas acusacións do conselleiro de Sanidade, o líder socialista volveulle lembrar á Xunta que “Galicia é a terceira comunidade que máis vacinas recibiu este ano e que por iso lideramos o proceso de vacinación”.

APOSTA POLA REACTIVACIÓN

Outra das prioridades que comparten PSdeG e CC.OO. é a aposta pola reactivación económica e social. Nesta liña, Gonzalo Caballero acusou ao goberno galego de “non ter estratexia, nin medidas, nin obxectivos nin plans para esta crise”.

“Este ano”, lamentou Gonzalo Caballero, “está sendo un fracaso na política económica da Xunta, que -malia ter fondos- non foi quen de poñelos en mans das familias e os concellos para fortalecer os servizos públicos e xerar unha reactivación en Galicia”.

Neste contexto, o líder socialista instou ao presidente da Xunta a que se deixe de buscar escusas e que non volva a “perder unha oportunidade como este ano”. Así, salientou que “cando Feijoo fala de orzamentos con rebaixas fiscais, está buscando evitar ter que recoñecer que fracasou en 2021”, como se constata coa súa falta de resposta a todas as crises industriais que hai en Galicia ou coa súa falta de concreción sobre os fondos europeos, dos que “non hai nada feito despois de un ano”.

“Ou cambian”, advertiu Gonzalo Caballero, “ou será necesaria unha mobilización no país para non perder a oportunidade de fondos europeos e para que os galegos e galegas deixen de sentirse orfos pola ausencia das políticas da Xunta de Galicia”.

AMELIA PÉREZ

Pola súa banda, a secretaria xeral de CC.OO, Amelia Pérez, expresou o seu agradecemento ao PSdeG por “una primeira xuntanza á que seguirán máis”.

Amelia Pérez sinalou moitas coincidencias cos socialistas galegos en materia de servizos e reactivación, e pediulle a Caballero que impulse a suba do SMI.

Ademais, expresou a súa preocupación pola situación industrial de Galicia nun contexto de transición enerxética e dixital e que implica “un cambio de modelo profundo que se vai acelerar nos vindeiros anos”.

Por iso, Pérez destacou que os fondos Next Generation “teñen que ser una oportunidade para poñer a semente da Galicia do futuro”. Nesta liña, reivindicou unha “posta en común entre as distintas administración e partidos para que ninguén quede atrás” e para que incidan “na cohesión territorial e social” e na defensa dos servizos públicos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00