Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, ao respecto da polémica das vacinas: “A rectificación do conselleiro era imprescindible porque a deslealdade e o conflito non son admisibles para xestionar unha pandemia”

O secretario xeral do PSdeG subliña que “o diálogo e o acordo” son “a mellor vía de avanzar fronte a estratexia de conflito, tensión e confrontación marcada polo PP de Casado, Ayuso e Feijóo”

O líder do PSdeG reivindica que Galicia “é a terceira comunidade que máis vacinas recibiu por poboación”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de “imprescindible” a rectificación feita hoxe polo conselleiro de Sanidade logo da celebración do Consello Interterritorial ao asegurar que “acepta o axuste” para a distribución de vacinas.

“A rectificación do conselleiro era imprescindible porque a deslealdade e o conflito non son admisibles para xestionar unha pandemia”, sentenciou o dirixente socialista, quen incidiu en que a cidadanía “é plenamente consciente de que a estratexia de vacinación do goberno de España está funcionado” ao tempo que  “sabemos que Galicia é unha das comunidades que máis vacinas recibiu”.

Ao fío disto, o líder socialista lembrou que Galicia “é a terceira comunidade autónoma que máis vacinas obtivo por poboación, o cal permite que máis do 70% dos galegos e galegas estean inoculados a día de hoxe”.

O máximo dirixente das e dos socialistas galegos considerou que “as tensións e conflitos buscados polo Partido Popular de Galicia fronte a estratexia de vacinación son estériles e ruíns, xa que non levan a nada positivo”.

“No tema das vacinas deuse a primeira rectificación da Consellería de Sanidade, agora toca a seguinte rectificación que é a máis importante: teñen que fortalecer a atención primaria”, sentenciou.

Por último, Gonzalo Caballero recoñeceu que “todas as comunidades queren recibir a maior numero de doses posibles”, pero “o dialogo e a acordo no Consello Interterritorial son a mellor vía de avanzar fronte a estratexia de conflito, tensión e confrontación marcada polo PP de Casado, Ayuso e Feijóo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27